O río Traba é un curso fluvial da provincia da Coruña, que desemboca na ría de Noia.

Río Traba
O Traba en Noia
PaísGalicia
Lonxitude17 km
DesembocaduraRía de Muros e Noia

Percorrido editar

O Traba recibe distintos nomes ao longo dos seus 17 km de percorrido. Nace so o monte Muralla xunta a portela de Aldarís, na parroquia de Fruíme (Lousame) a 400 m de altitude, da confluencia de dous regachos que baixan do chan do Rego. Neste seu curso alto, diríxese co nome de río Sóñora cara ao norte, adentrándose brevemente en Rois para pasar pola aldea que o nomea, onde se lle amece o rego do Treito.

No punto onde recibe o rego do Feal Maior e o río do Manle vira á esquerda (o oeste), volvendo ao termo municipal de Lousame. Este tramo, no que lle din río de Vilacova, flúe encaixado entre ladeiras costentas. Deixa atrás Lesende e ao pé da aldea de Alvariza xúntaselle pola dereita o rego de San Xusto. É nestes derradeiros quilómetros onde, xa noiés, recibe o nome de río Traba.

Desemboca na vila de Noia, formando canda o rego de Tállara unha marisma que entre Abruñeiras e o porto de Testal conecta co meirande esteiro do Tambre.

Réxime editar

É un río de réxime pluvial.

Galería de imaxes editar