Río Tea

curso fluvial galego

O río Tea é un afluente do río Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.

Río Tea
.
PaísGalicia Galicia
Lonxitude50 km
Caudal medio17,5 m³/s
DesembocaduraRío Miño
Conca do río Miño no territorio galego
O río Tea o seu paso por Ponteareas

Etimoloxía editar

Segundo Edelmiro Bascuas o hidrotopónimo "Tea" parte da raíz hidronímica indoeuropea galaica *tekw‑, co significado de ‘fluír’[1].

Características editar

 
Ponte dos Remedios, San Miguel de Ponteareas.

Nace da confluencia de dous brazos, dos cales un nace na parte sur da Serra do Suído, a uns 900 msnm, e outro a 940 msnm no Faro de Avión, no límite entre as provincias de Ourense e Pontevedra.[2] Baña os concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño, onde desemboca no Miño. A súa conca cobre unha área de 411 km².

O Tea é un río de característico réxime pluvial. O seu caudal medio é de 17,5 m³/s. O seu percurso inicial é encaixado, abríndose xa no val de Mondariz, atravesando logo pola vila de Ponteareas, antes de ir ao Miño. Entre os seus afluentes destaca o Alén, pola dereita, que recibe aínda na montaña. Xa no curso baixo úneselle o Uma pola esquerda.

A meirande parte do río está declarado como zona especial de conservación (ZEC) río Tea, xunto con varios dos seus afluentes, como os ríos Alén, Xabriña ou o rego de Borbén.[3][4][5][6][7]

Flora e fauna editar

Flora editar

A vexetación é moi rica, tipo bosque de galería dos ríos do sur de Galiza, a formación típica é o ameal ou formación de amieiros. A vexetación é completada con freixos, salgueiros, pradairos, sabugueiros, bidueiros, cerdeiras bravas e algún carballo. Seguindo o bosque de galería atopamos unha segunda formación na que aparece a carballeira ou fraga mixta dominada por carballos (Quercus robur L.), e completada con loureiros, pereiras bravas, acivros (aceviños), cerquiños, e ás veces freixos, pradairos e castiñeiros. Nos outeiros fórmanse piñeirais de piñeiro bravo (Pinus pinaster var. maritima), froito das reforestación dos séculos XIX e XX, mesturadas hoxe en día con carballos, eucaliptos etc. Complétase todo cunha rica formación arbustiva e herbácea: cáncaros, campaíñas, amorodeiras bravas (morotes), hedras (areiras ou hadreiras), silveiras, roseiras bravas, estripeiros, chuchameles (Lonicera spp.), fentos variados, brións etc. Así coma toxos, uces etc. nas zonas altas.

Fauna editar

Aves editar

Mamíferos editar

Peixes editar

Outros editar

Impacto ambiental editar

En agosto de 2014 o río sufriu unha vertedura de sosa procedente da planta embotelladora de Augas de Mondariz[8].

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Artigo sobre o topónimo Teo en Portal das palabras da RAG onde tamén se fala do hidrotopónimo Tea
  2. Descrición do medio e inventario biolóxico da conca alta do río Tea (Concello de Covelo)
  3. BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  4. Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  5. Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  6. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1140006 Río Tea". Consultado o 30/9/2020. 
  7. Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1140006 Río Tea". Consultado o 30/9/2020. 
  8. "Un vertido de sosa en el Tea envelena miles de peces en un tramo de dos kilómetros", artigo en Faro de Vigo, 2 de agosto de 2014 (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar