O río Sionainn (en inglés Shannon) é o río máis longo de Irlanda. Divide o oeste da illa (maioritariamente a provincia de Connacht) do leste e do sur (Leinster e a maioría de Munster). O río ten sido dende a antigüidade unha importante vía de comunicación. Por vez primeira plasmado nun mapa por Tolomeo, o longo río de 386 km flúe xeralmente cara ao sur dende Lag na Sionna no Condado de Chabháin antes de torcer ó oeste e verquer no océano Atlántico a través do longo Estuario do Sionainn de 113 km. A cidade de Luimneach (en inglés Limerick) érguese no punto no que a auga do río se xunta coa do mar no estuario.

Río Sionainn
PaísIrlanda
Lonxitude320 km
DesembocaduraOcéano Atlántico
Curso do río
O río Shannon ó seu paso por Limerick.