Río Santa Lucía

O Santa Lucía é o principal río do sur do Uruguai. A súa lonxitude é de 248 km e a súa cunca abrangue 14.200 km². Nace nunha vertente occidental das serras do departamento de Lavalleja, preto de Minas. Gran parte do seu curso funciona de límites entre os departamentos de Florida e Canelones, posteriormente entre este e San José e no seu último treito separa San José de Montevideo. Desemboca no Río da Prata, formando un pequeno delta onda a Illa do Tigre. Os seus principais afluentes son os ríos Santa Lucía Chico e San José, pero ten ademais 200 arroios e máis de 1000 canellóns. En chegando á súa desembocadura, o río ten un caudal medio de 28.000 L/s.

Río Santa Lucía
O río Santa Lucía pasando por San Ramón, Canelones.
PaísUruguai
NacementoSerra de Minas
Altitude250 msnm
Lonxitude248 km
Conca14.200 km²
Caudal medio2.700 m³/s
DesembocaduraRío da Prata

Na localidade de Aguas Corrientes atópase a depuradora de auga de O.S.E. que, aproveitando o leito do río, abastece de auga potable á cidade de Montevideo e a gran parte do sur do país.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.