Río San Lourenzo

O río San Lourenzo (en francés fleuve Saint-Laurent; en inglés Saint Lawrence River; en tuscarora, Kahnawáˀkye;[1] en mohawk, Kaniatarowanenneh, que significa "gran vía navegábel") é un dos principais ríos de Norteamérica, o colector dos Grandes Lagos, que conecta co océano Atlántico, no golfo de San Lourenzo.

Río San Lourenzo
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Canadá
NacementoGrandes Lagos
Lonxitude3 058 km
Conca1 344 200 km²
DesembocaduraGolfo de San Lourenzo
(Océano Atlántico)
Mapa da conca do río San Lourenzo.
O río San Lourenzo na cidade de Quebec.

No seu primeiro treito forma a fronteira natural entre os Estados Unidos e o Canadá, adentrándose despois en territorio canadense, nas provincias do Quebec e Ontario.

O San Lourenzo é un gran río que discorre polas latitudes medias do continente. Nace no lago Ontario, xunto a Kingston (na provincia de Ontario), para logo pasar polas cidades de Brockville, Cornwall, Montreal, Trois-Rivières e a cidade do Quebec. Desemboca no Atlántico despois de atravesar o homónimo estuario de San Lourenzo, o estuario máis grande do mundo, tras un percorrido de máis de 3 000 km (3 058 km, sendo o segundo río máis longo do Canadá e un dos 25 ríos máis longos do mundo. A súa cabeceira máis afastada é a do río North,[2]

O río forma parte do sistema fluvial do San Lourenzo, que estaría formado pola seguinte sucesión de ríos e lagos: río North – río Saint Louislago Superiorrío St. Maryslago Hurónrío Sainte-Clairelago Sainte-Clairerío Detroitlago Erierío Niágaralago Ontario- río San Lourenzo – estuario de San Lourenzo. O río forma parte tamén da vía navegábel dos Grandes Lagos.

A súa conca hidrográfica —unha boa parte do continente norteamericano, que inclúe toda a rexión dos Grandes Lagos, o maior sistema de lagos de auga doce do mundo e que supón case o 25 % das reservas mundiais totais de auga doce— drena unha área de 1 344 200 km², dos que 839 200 km² se encontran no Canadá e 505.000 km² nos Estados Unidos. A conca comprende parte de das provincias canadenses de Ontario e Quebec e dos estados de Illinois, Indiana, Míchigan, Minnesota, Nova York, Ohio, Pensilvania, Vermont e Wisconsin. O caudal medio na boca é de 9 850 m³/s.[3]

Notas editar

  1. Rudes, B. Tuscarora English Dictionary Toronto: University of Toronto Press, 1999.
  2. "Saint Lawrence River and Seaway". Encyclopedia Britannica. 
  3. Natural Resources Canada, Atlas of Canada - Rivers Arquivado 20 de maio de 2006 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar