O río Roca nace nas proximidades do monte Penas Pardas e o pico Suatorre, preto da parroquia dos Vilares, en Guitiriz. Tamén é coñecido co nome de Requeixo no seu tramo anterior á unión co río Parga.

Río Roca
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
Nacementomonte Penas Pardas
Desembocadurarío Parga

Discorre por unha paisaxe eminentemente agraria, con numerosas praderías, bosques e monte baixo. Rega as parroquias do Buriz, Os Vilares e San Salvador de Parga, todas no mesmo concello de Guitiriz e desemboca na de Roca, preto da ponte de Santo Alberte. Pola dereita recibe as augas dos regatos de Porto de Lea e Casal; pola esquerda as de Porto Barroso, Porto Augalonga, Ponte Rigueira, Porto Moa e Illo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar



 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.