O río Olt (en romanés e en húngaro; alemán: Alt; latín: Aluta ou Alutus) é un río de Romanía, un afluente da marxe esquerda do río Danubio. A súa lonxitude total é de 615 km e drena unha cunca hidrográfica de 24.050 km².

Río Olt
O río Olt en Turnu Roşu.
PaísRomanía Romanía
NacementoMontañas de Hăşmaşu Mare (montes Cárpatos)
Altitude1.428 m
Lonxitude615 km
Conca24.050 km²
Caudal medio174 /s
DesembocaduraRío Danubio
Mapa do río Olt
Localización do río Olt

O río atravesa os distritos romaneses de Harghita, Covasna, Braşov, Sibiu, Vâlcea e Olt.

Xeografía editar

 
O río Olt e ao fondo os montes Cárpatos
 
O río Olt ao seu paso pola cidade de Slatina, Romanía.

Nace nas ladeiras das montañas de Hăşmaşu Mare dos montes Cárpatos Orientais. Flúe en dirección oeste, posteriormente vira para o sur, despois atravesa transversalmente a cordilleira dos Alpes de Transilvania e desemboca no río Danubio, preto de Turnu Măgurele (30.187 hab. en 2002[1]).

Este río era coñecido na antigüidade romanesa como Alutus ou Aluta. O distrito de Olt e a provincia histórica de Oltenia, teñen o seu nome debido ao río.

Nas súas ribeiras encóntranse as cidades de Bălan (7.902 hab.), Sândominic (6.401 hab.), Miercurea-Ciuc (42.029 hab.), Sfântu Gheorghe (61.543 hab.), Făgăraş (40.126 hab.), Brezoi (6.859 hab.), Călimăneşti (8.923 hab.), Râmnicu Vâlcea (107.726 hab.), Drăgăşani (22.499 hab.), Slatina (79.171 hab.) e Drăgăneşti-Olt (12.195 hab.).

O río ten moitísimos afluentes, aínda que ningún deles de grande importancia, salvo o río Oltet, no seu curso baixo, con 186 km de lonxitude e unha cunca de 2.474 km².

Notas editar

  1. Todos os habitantes das cidades romanesas que se citan neste artigo corresponden ao censo do ano 2002.
 
Val do Olt, obra de Carol Popp de Szathmary.

Véxase tamén editar