O Oiartzun é un pequeno río de Guipúscoa, en Euskadi, de pouco máis de 16 km de longo. A súa conca, de 82,27 km², atópase na xona oriental da provincia.

Río Oiartzun
O Oiartzun ao seu paso por Errenteria.
PaísEspaña España
NacementoAiako Harria
Lonxitude16,6 km
Conca82,27 km²
DesembocaduraMar Cantábrico

Nace en Aiako Harria, no concello de Oiartzun, nunha das zonas con máis precipitacións anuais da Península Ibérica (2.300 mm). Posteriormente pasa polos termos municipais de Errenteria e Lezo. Desemboca na baía de Pasaia, no mar Cantábrico, onde se atopa o porto de Pasaia, o máis importante da provincia.