Río Mosa

río de Europa

O Mosa (en francés, Meuse; en alemán e neerlandés, Maas; en valón, Moûze) é un río europeo de 950 km de longo que ten o seu nacemento na Francia, no planalto de Langres, en Bassigny. Dá o seu nome ao departamento francés de Meuse e tamén a cidades neerlandesas como Maastricht.

Río Mosa
PaísFrancia, Bélxica e Países Baixos
Lonxitude925 km
Conca36.000 km²
Caudal medio230 m³/s
DesembocaduraMar do Norte
Vista do río ao seu paso por Maastricht

O Mosa baña Neufchateau, Commercy, Verdun, Sedan, Charleville-Mézières, despois atravesa a Bélxica (Dinant, Namur, Huy, Liexa) e mailos Países Baixos (Maastricht, Ruremonde, Venlo) en dirección do mar do Norte.

Os seus principais afluentes son o Vair, o Chiers, o Semois, o Lese, o Hoyoux, o Ourthe e o Roer na marxe dereita, o Viroin, o Sambre, o Mehaigne e o Xeer na marxe esquerda. Os seus diversos meandros a través das Ardenas constitúen importantes puntos turísticos. Nos Países Baixos, mestúrase co Rhin para formar un longo delta común.

Véxase tamén editar