Río Matarraña

Afluente do Ebro

O Matarraña (en aragonés e catalán: Matarranya) é un río de España, afluente da marxe dereita do río Ebro. Nace en El Parrisal, paraxe natural nos Portos de Beceite (Teruel). O curso alto do río discorre entre espectaculares desfiladeiros e cortados e entre frondosos bosques. Ten unha lonxitude de 97 km e discorre en dirección Sur a Norte.

Río Matarraña
O Matarraña en Valderrobres
PaísEspaña
NacementoBeceite (Teruel)
Altitude1.200 msnm
Lonxitude97 km
Conca1.250 km²
Caudal medio6,51 m³/s
DesembocaduraRío Ebro

Xeografía editar

O río nace no termo municipal de Beceite (Teruel), na confluencia de dous barrancos, aínda que as súas fontes e mananciais están no corazón dos Portos de Beceite a 1.300 msnm. No seu curso final, durante un cortísimo tramo, case na desembocadura na cola do encoro de Riba-roja no Ebro, forma a fronteira natural entre as provincias de Tarragona e Teruel.

É un río típico mediterráneo, cun caudal bastante irregular e escaso, con grandes crecidas na primavera e outono e estiajes no verán.

Debido á proximidade do mar Mediterráneo, a conca padece, periodicamente, fortes temporais que fixeron alcanzar impresionantes caudais superiores aos 2.000 m³/s na desembocadura do río Ebro.

Na cabeceira do río está o encoro de Pena situado no seu afluente do mesmo nome.

É o río mediterráneo mellor conservado do planeta. Non conta en todo o seu curso con ningunha presa artificial de importancia, a pureza das súas augas foi sempre única e a diversidade de hábitats e especies fan deste río unha auténtica xoia, aínda que estes últimos anos están aparecendo problemas (antes descoñecidos) de contaminación que repercuten seriamente na poboación de troitas e outros peixes.

É dos poucos ríos españois nos que aínda se conserva o cangrexo autóctono.

Véxase tamén editar