Río Mandeo

curso fluvial galego

O Río Mandeo nace no Marco das Pías na vertente occidental do Alto dos Moscós, a uns 700 metros de altitude e preto do lugar do Mandeo. Atravesa os concellos de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos. Forma a ría de Betanzos xunto co río Mendo.[3]

Mandeo
Ó seu paso por Aranga.
PaísGalicia Galiza
NacementoMarco das Pías[1]
Altitude700 m
Lonxitude56 Km
Conca456 km2[2]
Caudal medio23,88 m3 (febreiro) 1,16 m3 (agosto)
Desembocaduraría de Betanzos
     Bacía do Mandeo na Costa Ártabra

Afluentes editar

O afluente principal do río Mandeo é o río Deo. Xúntanse entre os concellos de Curtis e Aranga, na Castellana. Os outros afluentes son: Portos, Lombaos, Dombrete, Ramalleiro, Lentemil, Portabenza e Zarzo.

Conservación editar

Parte da zona que percorre é un espazo natural protexido desde 2004 coñecido como zona especial de conservación Betanzos - Mandeo.[4]

O Mandeo na cultura popular editar

Respecto á orixe do nome do río Mandeo (ou Mandeu), conta a lenda que os mouros acamparon na beira do río para decidir cal camiño e cal táctica debían seguir. Dous caudillos discutiron defenderon posturas encontradas, sen chegar a un acordo, ata que un deles exclamou "Aquí mando eu", de onde lle vén o nome ó río.[5]

No río Mandeo celébrase en agosto a romaría dos Caneiros.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Carmen Delia Díaz (26/05/2017). "Los mejores rincones del Mandeo". La Voz de Galicia. 
  2. masmar. "Río Mandeo y su afluente Deo:: Comarca de Betanzos. A CORUÑA". Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  3. Proxecto Mandeo (eds.). "Proxecto Mandeo". riomandeo.com. 
  4. "Betanzos - Mandeo". Medio Ambiente e Sostibilidade: Espazos Protexidos. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. 
  5. Rodríguez González, E. (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano

Véxase tamén editar

Bibliografía editar