O río Madanela é un curso de auga galego, que percorre o noroeste da comarca da Terra Chá luguesa.

Madanela
Vista da xunta dos ríos Madanela e Trimaz, no lugar dos Pasos, en Vilalba, pouco antes de entroncar co río Fabilos, formando o río Ladra. O río Madanela aparece pola parte dereita da imaxe e o Trimaz pola esquerda, saíndo a auga pola parte de baixo da foto.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoXunta dos regos de Santa Eufemia e do Pipeiro [1]
Altitude432 m
Lonxitude7,7 km
DesembocaduraRío Ladra[1]
Altitude desembocadura411 m
Cadea fluvialRío Madanela,
Río Ladra,
Río Miño
Cunca do río Ladra, incluíndo un breve tramo do Miño (ver indicación de cara a onde corre). A orientación do plano é N arriba.

É formado polo rego de Racamonde e o rego do Salgueiro, que se xuntan preto de O Adro, Lanzós, Vilalba.[2] Xunto co río Fabilos é unha das cabeceiras do río Ladra, onde desemboca ó pouco de pasar á beira de Vilalba.[1]

No seu tramo final acolle o paseo fluvial vilalbés e o Paseo dos Soños.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix, buscar Portarrío." (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 04/07/2019. 
  2. Consultado no https://sigpac.mapa.gob.es/fega/visor/ o 7 de xuño de 2023.

 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.