Río Leira
O río Leira é un pequeno curso fluvial da comarca de Valdeorras. É afluente do río Sil pola súa beira dereita.
Río Leira | |
---|---|
País | Galicia |
Nacemento | Monte Montouto Vilamartín de Valdeorras |
Altitude | 1260 m |
Lonxitude | 12 km |
Conca | 45 km² |
Caudal medio | 1,18 |
Desembocadura | Río Sil |
Percorrido editar
O río Leira nace ao pé do monte Montouto, a uns 1.260 m de altitude en terras que pertencen a Vilamartín de Valdeorras, preto da estrema entre Galicia e Castela e León. Ten unha lonxitude total de 12 km[Cómpre referencia], ao cabo dos que desemboca no río Sil á altura da vila Vilamartín de Valdeorras. O conxunto da súa conca atinxe 45 km².
Todo o seu percorrido descende polo concello de Vilamartín.
Explotación editar
Un tradicional aproveitamento do río foi para unha ferraría ou mazo, que remontaba ao século XVI, e que era propiedade do mosteiro lucense de Samos. Desamortizada no XIX, seguiu en funcionamento en mans privadas até ben entrado o século XX.
Foi dos primeiros leitos da comarca de Valdeorras, que se utilizaron para a produción de enerxía eléctrica.
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |