O Kasai (escrito en portugués Cassai) é o máis importante dos afluentes do río Congo, que o recibe pola súa beira esquerda. A súa lonxitude é de 2.153 km.

Río Kasai (Kwa-Kasai)
Xuntanza do río Kwango e Kasai vista desde satélite
PaísRepública Democrática do Congo R.D. do Congo
Angola Angola
NacementoEntre Luando e Lueno
Lonxitude2.153 km.
ConcaRío Congo
Caudal medio12 000 /s
DesembocaduraRío Congo
Localización do río

Nomes editar

Segundo as zonas que atravesa o Kasai recibe diversos nomes: Kassabi, Ibari, Nkutu, Kassai, Cassai e Kwa.

Percorrido editar

O Kasai nace nas alturas de Bie, en Angola. Desde aí flúe en dirección leste, até a fronteira coa República Democrática do Congo, onde vira bruscamente uns 90º cara ao norte, e forma por uns 400 km o límite natural entre ambos países. Neste tramo fórmanse numerosas illas fluviais e atinxe até 10 km de ancho. Continúa en dirección norte cara á bacía do Congo, até que vira ao noroeste, recibindo ao norte de Bandundu un importante afluente: o Kwango. Cando entra no seu curso inferior, recibe o nome de Kwa. Acaba por desaugar no Congo a uns 170 km de distancia da capital do país, Kinshasha. Pola extensión da súa cunca fluvial, o Kasai ocupa o 32º posto entre as do mundo.

No seu curso sitúanse dúas grandes cascadas: as de Poge (ca. 6º 40' de latitude), e as de Wissmann (a uns 5º 50' de latitude)

O caudal medio do Kasai é duns 12.000 m³/s, mais na temporada de grandes chuvias é moi superior (até 4 veces máis).

Afluentes editar

Os tributarios principais do Kasai son os da súa beira esquerda: Kwango, Luembe, Luatschim, Chikapa e o Lovua.

Pola dereita recibe augas dos ríos Fimi, Sankuru, Lulua, Lueta e Lukenje (co Msini e o Ikatta).

Navegabilidade editar

O Kasai é unha importante vías de comunicación para a República Democrática do Congo, pois contando cos seus afluentes conforma unha rede de sobre 3.500 km de augas navegábeis.

Véxase tamén editar