Coordenadas: 52°22′47″N 4°54′59″L / 52.37976, 4.91642

O IJ (ás veces nos mapas vellos escrito "Y" ou "Ye") é un río, antigamente estuario, situado ao norte de Holanda, nos Países Baixos. É coñecido por ser a "costa" de Ámsterdam. O seu nome deriva do termo xermánico para "auga". Garda semellanza con outros nomes de masas de auga destas linguas. En neerlandés o nome consiste no dígrafo ij, que é considerado unha única letra, e a súa forma con maiúsculas, como lle corresponde ós nomes de lugares, é IJ.

Río IJ
PaísPaíses Baixos Países Baixos
Foto aérea do IJ coa Canle do Mar de Norte á esquerda e o IJmeer (Lago do IJ) á dereita

Historia editar

O nome está etimoloxicamente entroncado con outros moitos ríos e encoros como Aa, Ae, Isar ou IJzer, e só quere dicir auga. Na Idade Media construíronse en Ámsterdam moitos diques a ambas beiras do brazo do mar, que paiseniño perdeu o seu carácter de estuario para pasar a ser un río encorado. No século XIX decidiuse secar aínda máis para crear pólderes e construír unha canle cara ao Mar do Norte, o Noordzeekanaal (1876), e un porto novo en IJmuiden (un topónimo que quere dicir foz do IJ). Nesta época tamén se construíron varias illas, para facer peiraos, estaleiros e para o ferrocarril e a estación de Ámsterdam. Isto pechou a cidade da súa "fronte de mar" (ou de río) e desprazou o porto. O IJ ten un rol importante para o abastecemento de auga potábel á área metropolitana de Ámsterdam.

Transbordadores no IJ editar

Como o río rega unha rexión moi urbanizada, sempre houbo moitos transbordadores. Tras a construción de pontes e túneles, o seu rol minguou.

 
Transbordador cruzando o IJ