O Huerva (Uerba en aragonés) é un río español que ten o seu curso na comunidade autónoma de Aragón. É afluente do río Ebro, ao cal se une pola súa marxe dereita, despois de percorrer 128 km.

Huerva - Uerba
O Huerva en Vistabella
PaísEspaña
NacementoFuentefrida, serra de Cucalón
Lonxitude128 km
Conca1.020 km²
Caudal medio0,84 m³/s
DesembocaduraRío Ebro

Percorrido editar

Nace en Fuenfrida, na serra de Cucalón (Sistema Ibérico) na provincia de Teruel. Dirixe o seu curso de S a N, con curso sinuoso. Logo de atravesar as localidades de Vistabella de Huerva, Villanueba de Huerva, Muel, Botorrita, Cuarte de Huerva, Cadret e máis María de Huerva, atravesa a cidade de Zaragoza, na cal rende as súas augas no Ebro.

Explotación industrial editar

Á parte do seu aproveitamento para regadío, sobre o Huerva se levantan dous encoros: o de Mezelocha e o de Las Torcas.

Curiosidade lingüística editar

Na mesma capital, Zaragoza, é denominado La Huerva, exemplificando a consercación do xénero feminino que teñen moitos ríos en aragonés, noutros idiomas románicos e en latín.