O río Henares é un curso fluvial de Castela, afluente do río Jarama.

Río Henares
PaísEspaña España
NacementoSerra Ministra
Altitude1.220 m.s.n.m.
Lonxitude150 km
DesembocaduraRío Jarama
O Henares ao seu paso por Alcalá de Henares.

Percorrido editar

 
Nacemento do río Henares en Horna (provincia de Guadalajara).

O Henares nace na Serra Ministra, cerca de Sigüenza, na provincia de Guadalaxara, a uns 1.220 m.s.n.m. Pasa pola cidade de Guadalaxara, para entrar posteriormente na provincia de Madrid, onde pasa xunto as cidades de Alcalá de Henares e San Fernando de Henares. Desauga logo de 150 km de curso na beira esquerda do río Jarama, á súa vez tributario do río Texo, preto da localidade de Mejorada del Campo.

Afluentes editar

Entre os afluentes do Henares destacan: o Torote, o Sorbe e o Bornova.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.