Río Dviná Occidental

O río Dviná Occidental ou Daugava (ruso: Зáпадная Двинá, letón: Daugava, Západnaya Dviná; en bielorruso, Zajódniaya Dzviná) é un río do nordés de Europa, que nace na meseta de Valdái, no noroeste de Rusia e desemboca no golfo de Riga preto da cidade de Riga, capital de Letonia.[1]

Río Daugava (o Dviná Occidental)
Daugava • Западная Двина • Заходняя Дзвіна
Localización administrativa
EstadoRusia Rusia
Belarús Belarús
Letonia Letonia
Localización xeográfica
CuncaRío Daugava
Características
Lonxitude máxima1.020 km
Mapa

Xeografía editar

O río Daugava nace na meseta de Valdái, na rexión rusa de Andreápol, no óblast de Tver. Discorre no seu primeiro tramo en dirección sur e, tras atravesar o óblast de Tver, segue polo bordo noroccidental do óblast de Smolensk. Alí cambia de dirección cara ao oeste e entra tamén na parte norte de Belarús, onde baña as cidades de Vítebsk e Pólatsk. Penétrase en Letonia en dirección preferentemente noroeste e, tras cruzar as cidades de Daugavpils e Riga, desauga no golfo de Riga, no mar Báltico.[2]

Está conectado por unha canle ao río Bereziná e desde aí co río Dniéper.

En condicións atmosféricas normais, o Daugava, que ten unha lonxitude de 1.020 km, ten unha profundidade máxima duns 12 m; con todo, coas crecidas que teñen lugar durante a primavera, chega a alcanzar unha profundidade de até 17 metros. Debido aos rápidos e á pouca profundidade do seu leito, úsase principalmente para o transporte de troncos. Ademais construíronse estacións hidroeléctricas ao leste de Riga. O Daugava permanece xeado desde decembro até abril.[3]

Afluentes editar

Os principais afluentes deste río son:[4]

  • río Velesa (Велеса), cunha lonxitude de 114 km, un caudal de 13,4 m³/s e unha conca de 1.420 km²;
  • río Mezhá (Межа), cunha lonxitude de 259 km, un caudal de 61 m³/s e unha conca de 9.080 km²;
  • río Kasplia (Каспля), cunha lonxitude de 224 km e unha conca de 5.410 km²;
  • río Dysná (Дисна), cunha lonxitude de 178 km e unha conca de 8.180 km²;
  • río Toropa (Торопа), cunha lonxitude de 174 km, un caudal de 14 m³/s e unha conca de 1950 km²;
  • río Óbol (Оболь), cunha lonxitude de 148 km e unha conca de 2.690 km²;
  • río Drissa (Дрисса), cunha lonxitude de 183 km, un caudal de 40 m³/s e unha conca de 6.420 km²;
  • río Ogre, cunha lonxitude de 222 km, un caudal de 17,9 m³/s e unha conca de 1.730 km²

Notas editar

  1. "Río Daugava". Conoce los ríos. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2020. Consultado o 10 de xullo de 2020 (en castelán). 
  2. "Dvina Occidental". The Free Dictionary. Consultado o 10 de xullo de 2020 (en castelán). 
  3. "El río Daugava "se viste de blanco" en invierno". TeleMadrid. Consultado o 10 de xullo de 2020 (en castelán). 
  4. "Afluentes del Río Daugava". Deepfo. Consultado o 10 de xullo de 2020 (en castelán).