O Cabriel (en valenciano: Cabriol) é un río do leste de España, un dos principais afluentes do río Xúcar. Ten unha lonxitude de 220 km, unha conca de 4.754,2 km² e un caudal anual medio de 220,82 hm³.

Río Cabriel
PaísEspaña
NacementoMuela de San Juan, Albarracín (Teruel)
Lonxitude220 km
Conca4.754,2 km²
Caudal medio20,92 m³/s
DesembocaduraRío Xúcar
O río Cabriel en Enguídanos (Cuenca)

Nace ao pé da Muela de San Juan (Sistema Ibérico) no municipio de Albarracín, na provincia de Teruel. Segue polos municipios de Salvacañete, Alcalá de la Vega, Boniches, Campillos-Paravientos, Pajaroncillo, Villar del Humo, Cardenete, Enguídanos e Mira. A partir de aquí a canle do río serve de fronteira natural entre a provincia de Cuenca e a provincia de Valencia, ata chegar á paraxe dos Cárceres, onde fai de fronteira entre a provincia de Albacete e Valencia, entrando en Valencia por Casas del Río (Requena), e únese ao Xúcar na localidade de Cofrentes.

Os seus principais afluentes pola dereita son o río Laguna e o Guadazaón. Pola esquerda o río Vencherque, o río San Martín e o río de Mira.