miniatura|

Río Ardèche
PaísFrancia
NacementoBosque de Mazan
Lonxitude120 km
Conca2.430 km2
Caudal medio65 m3/s
DesembocaduraRío Ródano
O río en Vallon-Pont-d'Arc

O Ardèche (en occitano Ardecha) é un río do sur de Francia, afluente pola dereita do Ródano, e cunha lonxitude de 120 km. Dá o seu nome ao departamento que baña: Ardèche; mais a súa conca abrangue tamén os departamentos de Lozère e do Gard.

Xeografía editar

Nasce no Vivarais, preto do Col de la Chavade (Macizo Central), no bosque de Mazan no concello de Astet, a uns 1.200 m de altitude. Logo de Aubenas e Ruoms, recibe as augas do Chassezac; despois afúndese, a partir de Vallon-Pont-d'Arc, na célebre garganta homónima durante algúns quilómetros. Xúntase ao Ródano en Pont-Saint-Esprit.

Afluentes e conca editar

Entre os tributarios maiores do Ardèche cómpre citarmos:

A conca do Ardèche cobre 2.430 km2.

Réxime editar

O Ardèche está suxeito a un réxime extremadamente torrencial. Con 65 m3/s de caudal na desembocadura, é o principal tributario pola beira dereita do baixo Ródano. As súas augas corren moi baixas no verán estate e impoñentes durante o outono, cando polas grandes chuvias da estación pode atinxir valores de case 8.000 m3/sec, influenciando de modo notorio as cheas do mesmo Ródano.