Río Ara, España

Afluente no tramo alto do Cinca, no norte de Aragón

O Ara é un río do norte de Aragón, España, afluente no tramo alto do Cinca, pola súa beira esquerda, ao que se une despois de 70 km de curso.

Río Ara
PaísAragón, España
NacementoComachibosa
Lonxitude70 km
Conca718 km²
DesembocaduraRío Cinca
Localización do Ara na conca do Ebro
O río Ara cerca do nacemento

Percorrido editar

O Ara nace no Val do Ara a 2.620 msnm, na parte alta do val de Buxargüelo, aos pés do macizo da Comachibosa, na vertente sur dos Pireneos. Despois de percorrer 70 km únese ao Cinca na localidade de Aínsa.

Protección ambiental editar

A súa cabeceira forma parte dos arredores do Parque Nazional de Ordesa e as Tres Serores.

É o único río importante de Aragón que non ten encoros desde o seu nacemento até a súa desembocadura.

Tributarios editar

Os seus principais afluentes son o Otal, o Arazas (Val de Ordesa), o Sorrosal, o Chate, o Forcos, o Guargas, Sieste e máis o Ena.

Trazas de glaciarismo editar

O val do río Ara é un bo exemplo de val glaziar na súa primeira metade de curso, aínda que moi erosionado polos ríos tras a desaparición das xeleiras, existendo mostras da lingua glaziar até Asín de Broto, con máis de 30 km de lonxitude total.

Ligazóns externas editar