O río Andarax está situado na provincia de Almería, España. Nace na zona oriental de Serra Nevada, no Cerro del Almirez. O seu curso íntegro transcorre no interior da provincia de Almería. Atravesa o val do Andarax, ao sur do Deserto de Tabernas, onde recibe os intermitentes corgos de auga de Tabernas, derradeiro curso de auga con achegas significativas ó río. Ó seu paso polos municipios de Rioja, Viator e Benahadux alimenta a numerosas leiras de cítricos. Finalmente acada a súa desembocadura nas aforas de Almería, formando un amplo delta, sobre o que se asenta unha fértil veiga, hoxe en proceso de desaparición a causa do crecemento da cidade.

Andarax
País España
NacementoCerro del Almirez (Almería)
Lonxitude67 km
Caudal medioRéxime de corgo
DesembocaduraMar Mediterráneo
Localización do río Andarax en Almería

En tempos históricos posuía un caudal case permanente, sendo navegable ata o municipio de Pechina.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar