Para ver outras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondente.

Enrique Álvarez Costas, chamado Quique Costas, nado en Vigo o 16 de xaneiro de 1947 é un ex xogador de fútbol e adestrador galego.

Quique Costas
Información persoal
Nome Enrique Álvarez Costas
Nacemento 16 de xaneiro de 1947
Lugar de nacemento Vigo
Altura 179 centímetros
Posición defensa
Carreira xuvenil
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1965–1971 Celta de Vigo 171 (11)
1971–1980 Barcelona 170 (3)
Total 341 (14)
Selección nacional
1965–1967 España afeccionados 5 (1)
1970–1975 España 13 (0)
Adestrador
1987–1989 Barcelona C
1989–1996 Barcelona B
2001–2003 Barcelona B
2005–2007 Barcelona B
Na rede
UEFA: 38132 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comeza a xogar no equipo de afeccionados do Sociedade Deportiva Amanecer do Grove, logo pasa ás categorías inferiores do Celta de Vigo e en 1965, con 18 anos, debuta en segunda división co Celta. Estando neste equipo debuta na selección española de fútbol nun encontro o 11 de febreiro de 1970 contra a Alemaña do Leste, e tamén con el ascende a primeira división. En abril de 1971 ficha polo FC Barcelona, onde xogará nove temporadas, ata 1980.

Cando se retira adestrou o equipo filial do FC Barcelona B en diversas ocasións, a última ata 2007[1].

Palmarés editar

Como xogador editar

Barcelona

Como adestrador editar

Barcelona B

Vida persoal editar

É pai dos tamén xogadores Quique Álvarez Sanjuán e Óscar Álvarez Sanjuán.

Notas editar