Quina

especie de planta
Quina
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Gentianales
Familia: Rubiaceae
Subfamilia: Cinchonoideae
Tribo: Cinchoneae
Xénero: Cinchona
Especie: C. officinalis
Nome binomial
'Cinchona officinalis'
L.

A quina[1] Cinchona officinalis, é un arbusto ou unha pequena árbore da familia das Rubiaceas, orixinaria da América do Sur, con propiedades medicinais.

Descrición editar

O toro acada uns 10 m de altura e 30 cm de diámetro. As follas son ovaladas de 21 a 29 cm de longo e 12 a 13 cm de largo, de cor verde escura, con pecíolo de 3 a 7 cm de lonxitude; inflorescencia terminal, flores avermelladas con corola branca ou rosada e os lóbulos internamente amarelentos, agrupadas en panículas. Os froitos en cápsula, angostos cilíndricos, de 3,5 a 4 cm de longo por 0,7 cm de largo, con 3 a 4 sementes.

Usos editar

A casca da quina contén alcaloides, dos cales a quinina ten propiedades medicinais recoñecidas. A quinina era utilizada para tratar o paludismo. A medicina tradicional atribúelle tamén propiedades como antiséptico, preparada en infusión.

 
Quinina

Historia editar

A quina ou kina-kina importábase en Europa co nome "casca do Perú". Foi neste país onde os indíxenas descubriron as súas propiedades antimaláricas. Esta casca debe a súa denominación á muller do vicerrei do Perú, a condesa de Chinchón, que sandara co emprego desta casca. Ela facilitou a introdución da droga en España onde levou o nome de "po da condesa". Posteriormente, foi comercializada polos xesuítas, pasando a chamarse de "po dos xesuítas".

Para combater o paludismo que azoutaba os habitantes da rexión de Versailles, Lois XIV importou o produto a Francia. Cando Simon-Auguste Tissot publicou a súa obra "L'onanisme , essai sur les maladies produites par la masturbation", que recibiu sesenta e tres edicións entre 1760 e 1905, recomendou entre outras cousas o uso da quina coma mellor remedio para remediar as doenzas causadas polo onanismo.

Outras especies de Cinchona, entre elas a quina vermella e a quina amarela, producen tamén quinina.

Taxonomía editar

Cinchona ledgeriana foi descrita por José Celestino Mutis e publicado en Papel Periodico de Santa Fe 111: 465, no ano 1793.[2]

Etimoloxía

Cinchona: nomeada en 1638 por Carl von Linné en honra de Francisca Enríquez de Rivera, facendo referencia á vila (hoxe cidade) de Chinchón, por ser a segunda esposa do IV Conde de Chinchón, Luis Jerónimo Fernández de Cabrera y Bobadilla, e, segundo a tradición, ser ela a que descubriu ás xentes do Vello Mundo as propiedades medicinais da casca desta planta. Carl von Linné transcribiu o son español 'chi' ao xeito italiano: 'ci', que era frecuente na época.

ledgeriana: epíteto latino que significa "con follas en forma de lanza".[3]

Sinonimia
  • Cinchona calisaya Wedd. 1848
  • Cinchona calisaya var. ledgeriana Howard 1876
  • Cinchona carabayensis Wedd. 1848
  • Cinchona officinalis L. auct. mult.
  • Cinchona calisaya var. vera Wedd. (1849), nom. inval.
  • Quinquina calisaya (Wedd.) Kuntze (1891).
  • Cinchona gironensis Mutis in J.E.Smith (1821)
  • Cinchona amygdalifolia Wedd. (1848).
  • Cinchona australis Wedd. (1848).
  • Cinchona carabayensis Wedd. (1848).
  • Cinchona delondriana Wedd. (1848).
  • Cinchona scrobiculata var. delondriana (Wedd.) Wedd. (1849).
  • Cinchona pahudiana Howard (1862).
  • Cinchona peruviana Howard (1862).
  • Cinchona peruviana var. vera Howard (1866).
  • Cinchona calisaya var. boliviana Wedd. (1869).
  • Cinchona calisaya var. microcarpa Wedd. (1869).
  • Cinchona carabayensis var. lanceolata Miq. (1869).
  • Cinchona euneura Miq. (1869).
  • Cinchona forbesiana Howard ex Wedd. (1869).
  • Cinchona hasskarliana Miq. (1869).
  • Cinchona weddelliana Kuntze (1878).
  • Cinchona weddelliana var. angustifolia Kuntze (1878).
  • Cinchona weddelliana var. multiscrobiculata Kuntze (1878).
  • Cinchona weddelliana var. rubrifolia Kuntze (1878).
  • Cinchona weddelliana var. rubrivenata Kuntze (1878).
  • Quinquina carabayensis (Wedd.) Kuntze (1891).
  • Quinquina ledgeriana (Howard) Kuntze (1891).
  • Cinchona gammiana King (1894).
  • Cinchona thwaitesii King (1894).
  • Quinquina carabayensis var. villosa Kuntze (1898).[4]

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  2. Quina en Trópicos
  3. En Epítetos Botánicos
  4. Sinónimos en Kew

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar