Quilogramo forza

unidade de forza equivalente ao peso dun kilogramo de masa baixo a gravedade terrestre estándar

O quilogramo forza (kgf), ou tamén chamado quilopondio (de quilo- e do latín pondus, -ĕris, peso, abreviado kp) é a unidade de forza no Sistema Técnico de Unidades. É unha das tres unidades fundamentais deste sistema; as outras son o metro (lonxitude) e o segundo (tempo).

Definición editar

Un quilopondio ou quilogramo-forza é a forza exercida por unha masa de 1 kg (quilogramo masa segundo se define no Sistema Internacional) coa gravidade estándar na superficie terrestre, isto é, 9,80665 m/s2.

É dicir, o quilogramo forza é o peso dun quilogramo de masa na superficie terrestre. É unha expresión sen uso no día a día, a pesar, que cando dicimos que algo pesa tantos quilos ou quilogramos (unidade de masa do SI), realmente estámonos referindo a quilogramos-forza, e non a quilogramos de masa, xa que estamos falando dun peso; é dicir, dunha forza, e non dunha masa.

Equivalencias editar

O valor estándar da gravidade (g) terrestre é de 9,80665 m/s². Logo, e segundo a Segunda Lei de Newton (forza = masa × aceleración) temos que:

1 kp = 1 kg × 9,80665 m/s² = 9,80665 kg m/s2 = 9,80665 N

Tamén se pode falar de gramo forza (9,80665 mN) ou miligramos forza (9,80665 µN).

Unha tonelada forza, megagramo forza ou megapondio (Mp) equivale a 1000 quilogramos forza.

É habitual nalgúns campos o emprego do decanewton (daN, 10 N) como aproximación do quilogramo forza.