Quetzalcóatl

deidade mesoamericana

Quetzalcóatl (en náhuatl: Quetzalcōātl) é unha divindade das culturas mesoamericanas, venerado principalmente polos aztecas e os toltecas. O seu nome significa "serpe emplumada" e provén do náhuatl quetzalli, “pluma do paxaro quetzal (Pharomachrus mocinno)”, e coatl, “serpe”).[3] É identificado por algúns investigadores como a principal deidade do panteón centro-mexicano precolombiano.

Quetzalcóatl
Deus da vida, da luz e da sabedoría, señor do día e dos ventos. Gobernante do oeste.[1]
Membro da Tezcatlipocas
Quetzalcóatl representado no Codex Borbonicus.
Outros nomesTecatlipoca Branco, Ce Acatl Topiltzin Quetzalcoatl, Serpe Emplumada, Precioso xemelgo, Tlahuizcalpantecuhtli[2]
Centro de cultoTemplo da Serpe Emplumada, Teotihuacán, Tenochtitlán
MoradaIlhuicatl-Teteocan (Décimo segundo ceo)[1]
Ilhuicatl-Teoiztac (noveno ceo)[1]
o oeste[1]
PlanetaVenus (estrela da mañá)
SímbolosSerpe emplumada[1]
XéneroMasculino
RexiónMesoamérica
Grupo étnicoAztecas, tlaxcaltecas, toltecas (Nahoa)
FestivaisTeotleco
Información persoal
PaisOmetecuhtli e Omecihuatl (Codex Zumarraga)[1]
Mixcoatl e Chimalma (Codex Chimalpopoca)[1]
IrmánsTezcatlipoca, Xipe-Totec, Huitzilopochtli (Codex Zumarraga)[1]
Xolotl (Codex Chimalpopoca)[1]
FillosNingún
Equivalentes
Equivalente maiaKukulkan

Historia editar

Os aztecas incorporaron esta deidade coa súa chegada ao val de México, no entanto modificaron o seu culto, eliminando algunhas partes, como a prohibición dos sacrificios humanos. Especúlase que a orixe desta deidade provén da cultura olmeca, aínda que a súa primeira aparición inequívoca ocorreu en Teotihuacán. A cultura teotihuacana dominou durante séculos o planalto mexicano. As súas influencias culturais abarcaron gran parte de Mesoamérica, incluíndo as culturas maia, mixteca e tolteca. Os maias nomearon a Quetzalcóatl como Kukulkán.

Quetzalcóatl representa as enerxías telúricas que ascenden, de aí que sexa representado como unha serpe emplumada. Neste sentido, representa a vida, a abundancia da vexetación, o alimento físico e espiritual para o pobo ou o individuo que procura un ascenso espiritual.

Posteriormente, pasou a ser venerado como deus representante do planeta Venus, simultaneamente Estrela da Mañá e Estrela da noite, correspondendo, co seu xemelgo Xolotl, á noción de morte e resurrección. Deus do Vento e Señor da Luz, era, por excelencia, o deus dos sacerdotes. É ás veces confundido co rei sacerdote de Tollan-Xicocotitlan.

Segundo fontes incertas e tradicións orais, unha das representacións deste deus é un home branco, con barba e de ollos claros. Esta representación sería un dos motivos da teoría de que os pobos indíxenas, durante a conquista da Nova España (Mesoamérica), creron que Hernán Cortés era Quetzalcóatl. O académico multiculturalista Serge Gruzinski, analizando as crónicas do século XVI sobre a conquista de México, considera que os aztecas realmente pensaron que Cortés era Quetzalcóatl e esa é unha das razóns pola que os españois dominaron tan facilmente a América Central. Os aztecas crían na volta de Quetzalcóatl e iso contribuíu positivamente no seu contacto cos españois, pensando que foran enviados polo deus.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Cecilio A. Robelo (1905). Diccionario de Mitología Nahoa (en spanish). Editorial Porrúa. pp. 345–436. ISBN 970-07-3149-9. 
  2. Jacques Soustelle (1997). Daily Life of the Aztecs. p. 1506. 
  3. "Quetzalcoatl". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-03-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar