Queima das Fachas

O Folión de Castelo, nome tradicional da festa (na liña dos folións de Vilelos, no Saviñao, e de Castro Caldelas), agora tamén denominado Queima das Fachas é unha festa celebrada na parroquia de Castelo, no concello de Taboada. Ten lugar na noite do 7 ao 8 de setembro é dá comezo ás festas na honra de santa María. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en outubro de 2008.[1]

Fachas preparadas para seren prendidas.

O primeiro paso é a instalación na cima do castro de Castelo das fachas, que son grandes fachos cuxo combustíbel son agucios secados durante o verán, e que se distinguen das doutros folións polo grande tamaño, pois poden alcanzar os 9 metros de altura. Forman unha circunferencia e van sendo prendidas unha a unha, conformando un grande círculo de lume. Tradicionalmente, cada casa da parroquia achegaba polo menos unha facha, aínda que podían ser máis en función dos fillos que houbese en cada unha.

Asphodelus albus ou agucios.

É organizada pola Asociación Cultural As Fachas.[2]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia (7-9-2010); "Castelo ultima los preparativos para la Queima das Fachas". "O castro será escenario dun espectáculo que conta con máis de dous mil años de antigüidade", en castelán.
  2. "Asociación Cultural As Fachas". Asociación Cultural As Fachas. Consultado o 2/3/2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar