Queen II

álbum de Queen

Queen II é o segundo álbum da banda inglesa de rock Queen, publicado o 8 de marzo de 1974. Foi gravado nos Trident Studios de Londres no mes de agosto de 1973, baixo a produción de Roy Thomas Baker e Robin Cable.

Queen II
Álbum de Queen
Publicado8 de marzo de 1974
Gravaciónagosto de 1973
Estudio(s)Trident Studios, Londres
Duración40:42
Xénero(s)art rock, rock progresivo, hard rock, heavy metal
Selo(s)Parlophone (Europa), Elektra (EEUU), EMI (RU)
Producido porRoy Thomas Baker, Robin Geoffrey Cable, Queen
Cronoloxía
Queen Queen II Sheer Heart Attack

As dúas caras do LP orixinal foron etiquetadas como "Side White" (cara branca) e "Side Black" (cara negra), con fotos dos membros da banda vestidos de branco ou negro en cada lado do álbum. Trátase dun álbum conceptual, coa cara branca con cancións de corte máis emocional e a negra máis fantástica, acotío con temas lixeiramente escuros. A fotografía da portada, de Mick Rock, foi usada con frecuencia pola banda a través de toda a súa carreira, destacando nos vídeos musicais das cancións "Bohemian Rhapsody" (1975) e "One Vision" (1985).

Editado cunhas críticas inicialmente variadas, Queen II segue a ser un dos álbums menos coñecidos da banda. O álbum mantivo un seguimento de culto dende a súa publicación, e gañou o eloxio de músicos como Axl Rose, Steve Vai e Billy Corgan, e é significativo por ser o primeiro disco en conter elementos do son da banda, como overdubs de varias capas, harmonía vocais e estios musicais variados.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas do White Side (cara 1) compostos por Brian May agás "The Loser in the End", por Roger Taylor. Todos os temas do Black Side (cara 2) compostos por Freddie Mercury.

Cara branca
N.º Título Duración
1. "Procession" (Instrumental) 1:12
2. "Father to Son"   6:14
3. "White Queen (As It Began)"   4:34
4. "Some Day One Day"   4:23
5. "The Loser in the End"   4:02
Cara negra
N.º Título Duración
1. "Ogre Battle"   4:10
2. "The Fairy Feller's Master-Stroke"   2:40
3. "Nevermore"   1:15
4. "The March of the Black Queen"   6:33
5. "Funny How Love Is"   2:50
6. "Seven Seas of Rhye"   2:50
Cancións extra (reedición de 1991 en CD de Hollywood Records)
N.º Título Duración
1. "See What A Fool I've Been (May)"   4:32
2. "Ogre Battle (1991 Bonus Remix)"   3:27
3. "Seven Seas Of Rhye (1991 Bonus Remix)"   6:35
Disco extra da reedición de 2011 de Universal Records
N.º Título Duración
1. "See What a Fool I've Been (BBC Session July 1973) [Remix 2011]"   4:22
2. "White Queen (As It Began) [Live at Hammersmith Odeon, December 1975]"   5:32
3. "Seven Seas of Rhye (Instrumental Mix)"   3:09
4. "Nevermore (BBC Session, abril 1974)"   1:27
5. "See What a Fool I've Been (B-Side Version febreiro 1974)"   4:31
Vídeos extra da edición deluxe de iTunes de 2011
N.º Título Duración
6. "White Queen (As It Began) (Live at The Rainbow '74)"    
7. "Seven Seas Of Rhye (Live at Wembley Stadium '86)"    
8. "Ogre Battle (Live at Hammersmith Odeon '75)"