Que verde era o meu val

filme de 1941 dirixido por John Ford

Que verde era o meu val (en inglés: How Green Was My Valley) é un filme estadounidense dirixido por John Ford que se estreou en 1941. Baséase na novela homónima de Richard Llewellyn, foi producido por Darryl F. Zanuck e guionizado por Philip Dunne. Está protagonizado por Walter Pidgeon, Maureen O'Hara, Anna Lee, Donald Crisp e Roddy McDowall. Foi nomeado a dez Premios Oscar,[3] gañando a Cidadán Kane no premio ó mellor filme, ademais de gañar o mellor director, mellor fotografía e mellor actor secundario.

Que verde era o meu val
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalHow Green Was My Valley
DirectorJohn Ford
ProdutorDarryl F. Zanuck
GuiónPhilip Dunne
Baseado enHow Green Was My Valley de Richard Llewellyn
IntérpretesWalter Pidgeon
Maureen O'Hara
Anna Lee
Donald Crisp
Roddy McDowall
Sara Allgood
MúsicaAlfred Newman
FotografíaArthur Miller
MontaxeJames B. Clark
Distribuidora20th Century Fox
Estrea 28 de outubro de 1941
Galicia 11 de marzo de 2000 (TVG)
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$800 000[1]
Recadación$2 800 000 (USA)[2]
Na rede
IMDB: tt0033729 Filmaffinity: 976373 Allocine: 1594 Rottentomatoes: m/how_green_was_my_valley Allmovie: v23422 TCM: 78617 Metacritic: movie/how-green-was-my-valley TV.com: movies/how-green-was-my-valley
Allmusic: mw0000104204 Netlix: 606278Editar o valor em Wikidata

O filme conta a historia dos Morgan, unha familia de mineiros galeses que viven no corazón dos vales do sur de Gales no século XIX. O argumento conta a perda do seu xeito de vida e os efectos na familia. A vila ficticia do filme está baseada en Gilfach Goch;[4] Llewellyn estivo varios veráns visitando o seu avó e empregou esas experiencias como inspiración na novela.[4] En 1990, o filme foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou estéticamente significativo".

Estreouse en galego o 11 de marzo de 2000 a través da TVG.[5]

Personaxes editar

Notas editar

  1. Solomon, Aubrey (1989). Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History. Lanham, Maryland: Scarecrow Press, p. 241, ISBN 978-0-8108-4244-1.
  2. "101 Pix Gross in Millions" Variety 6 Jan 1943 p 58
  3. NY Times (ed.). "NY Times: How Green Was My Valley". Consultado o 13 de decembro de 2008. 
  4. 4,0 4,1 "How Green Was My Valley" - BBC Radio Wales, www.bbc.co.uk, publicado o 7 de febreiro de 2009. Consultado o 6 de febreiro de 2015.
  5. "Programación da TVG". ABC. 4 de marzo de 2000. Consultado o 28 de outubro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar