Pyrolobus
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: Crenarchaeota
Filo: Crenarchaeota
Clase: Thermoprotei
Orde: Desulfurococcales
Familia: Pyrodictiaceae
Xénero: Pyrolobus
Blöch, Rachel, Burggraf, Hafenbradl, Jannasch & Stetter, 1999
Especies

Pyrolobus é un xénero de microorganismos do dominio Archaea[1]. Comprende a especie Pyrolobus fumarii[2], o organismo máis termófilo de todos os coñecidos. Non pode crecer a menos de 90 °C e a súa temperatura máxima de crecemento é de 113 °C, a maior de todos os organismos coñecidos. Illouse nunha fonte hidrotermal da dorsal mesoatlántica.

É un organismo anaerobio que obtén enerxía da oxidación de dihidróxeno acoplada á redución de nitrato (formando amoníaco) ou tiosulfato (formando sulfuro de hidróxeno). Tamén pode crecer baixo condicións microaerobias reducindo oxíxeno.

Notas editar

  1. Ver a páxina do NCBI para Pyrolobus. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2014-06-28. 
  2. Blochl E, Rachel R, Burggraf S, Hafenbradl D, Jannasch HW, Stetter KO (1997). "Pyrolobus fumarii, gen. and sp. nov., represents a novel group of archaea, extending the upper temperature limit for life to 113 degrees C". Extremophiles 1 (1): 14–21. PMID 9680332. doi:10.1007/s007920050010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Revistas científicas
  • Burggraf S, Huber H, Stetter KO (1997). "Reclassification of the crenarchael orders and families in accordance with 16S rRNA sequence data". Int. J. Syst. Bacteriol. 47 (3): 657–660. PMID 9226896. doi:10.1099/00207713-47-3-657. 
Bases de datros científicas

Ligazóns externas editar