Puss Gets the Boot

Puss Gets the Boot é unha curtametraxe de animación, a primeira do que logo sería a serie de Tom e Jerry en cine e televisión.

Puss Gets the Boots
Ficha técnica
DirectorWilliam Hanna
Joseph Barbera
ProdutorRudolf Ising
Fred Quimby
GuiónWilliam Hanna
Joseph Barbera
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea1940
Duración9 m 11 s
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Filme seguinteThe Midnight Snack
Na rede
IMDB: tt0032953 Allmovie: vm246852 Editar o valor em Wikidata

Desenvolvemento editar

A curta foi a primeira colaboración dos directores Willliam Hanna e Joseph Barbera, elaborouse na unidade de Rudolf Ising nos estudios de animación da Metro-Goldwyn-Mayer en 1939, coa supervisión musical de Scott Bradley e animado por Carl Urbano, Tony Pabian, Jack Zander, Peter Burness e Bob Allen, a súa estrea foi o 10 de febreiro de 1940.

Características editar

Na curta aparecen por primeira vez os caracteres que cristalizarán ao tempo en Tom e Jerry, aínda que nesta primeira versión o gato chámase Jasper e o rato non recibiu nome na proxección pero extraoficialmente coñécese como Jinx. Constitúe con nove minutos a curtametraxe de menos duración da serie de Tom e Jerry