O punto quente (hotspot en inglés) en xeoloxía é un foco de actividade do manto terrestre, o cal produce grandes cantidades de magma, que se eleva ata que perfora a codia dando lugar a un volcán. Estas manifestacións de ascensión de magma están relacionadas coa presenza de plumas de ascensión de magma ou que se atopan baixo a codia.

Principais lugares onde acontece este fenómeno

Tectónica de placas editar

Para a correcto entendemento do fenómeno xeolóxico punto quente é necesario saber que o manto terrestre está constituído por rochas en estado líquido que forman o magma. O magma, do cal se constitúe o manto terrestre, está en constante movemento debido aos diferenciais de temperatura, producindo así as correntes convectivas que son as causantes do movemento das placas que constitúen a codia terrestre. O movemento de placas fai que estas choquen entre elas:

  • no caso dun choque dunha placa continental cunha oceánica, é a placa oceánica a que subxace á continental.
  • no caso dun choque dunha placa oceánica con outra placa oceánica, é a placa máis densa a que subxace.
  • no caso dun choque dunha placa continental con outra placa continental non se produce o subxacemento senón que se eleva. Un exemplo deste fenómeno é o Himalaia. Algunhas veces non é necesario que a ascensión de magma sexa en límites de placas senón que se pode producir en diversos lugares.
 
 

O fenómeno de punto quente editar

O fenómeno de punto quente adoita aparecer preto dos lugares de subxacemento de placa oceánica, pero existe a hipótese de que estes lugares nos cales se manifesta este fenómeno poderían ser lugares nos cales existían fisuras de antigas divisións entre placas ou o inicio de novos límites entre estas. Tamén se dan lugares baixo a codia continental que teñen relación con este fenómeno.

Este fenómeno xeolóxico mantense activo durante anos e está quedo mentres que a codia está en movemento e se desliza sobre o leste, así pois este movemento crea cadeas de volcáns dos que só está activo o que se encontra enriba do fenómeno, sobre a pluma de ascensión de magma.

Exemplos de puntos quentes editar

Exemplos clásicos deste fenómeno son as illas Hawai para sinalar os puntos quentes sobre a codia oceánica (esta teoría tamén se aplicou ás illas Canarias, pero aínda no está asegurada) e o punto quente que é o causante dos fenómenos que se producen no parque Yellowstone, ao que se asocian varios volcáns en liña en dirección leste, é un exemplo para este fenómeno na codia continental.

 
Fenómeno das illas Hawaii


Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar