Pulp (grupo musical)

Pulp é unha banda de rock alternativo formada en Sheffield, Inglaterra en 1978 polo entón adolescente de 15 anos Jarvis Cocker. Foi orixinalmente coñecida como "Arabacus Pulp", pero o nome foi acurtado un ano despois. Os membros de Pulp eran todos compañeiros que asistían á City High School en Sheffield e acompañaron á banda Crude, da mesma escola, nos seus primeiros concertos. Citan como as súas influencias a David Bowie, The Cure, The Beatles e The Kinks.

Pulp
OrixeSheffield, Yorkshire
Inglaterra Inglaterra
Período1978–2002
2011–presente
Xénero(s)britpop, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Island Records
MembrosJarvis Cocker
Candida Doyle
Mark Webber
Steve Mackey
Nick Banks
Antigos membrosPeter Dalton
Ian Dalton
David Lockwood
Mark Swift
Philip Thompson
Jimmy Sellers
Jamie Pinchbeck
Wayne Furniss
David Hinkler
Simon Hinkler
Peter Boam
Tim Allcard
Michael Paramore
Magnus Doyle
Russell Senior
Peter Mansell
Captain Sleep
Steven Havenhand
Antony Genn
Richard Hawley
Artistas relacionadosRelaxed Muscle, Venini
Na rede
pulponline.com
IMDB: nm2128978 Facebook: pulppeople Twitter: pulp2011 Youtube: UCXjPo9Camh_4-TTMCQ-OMXA Souncloud: pulp-official Spotify: 36E7oYfz3LLRto6l2WmDcD iTunes: 312518 Last fm: Pulp Musicbrainz: 76b2e842-5e85-4c97-ab62-d5bc315595b5 Songkick: 97789 Discogs: 2811 Allmusic: mn0000308645 Deezer: 2003 Genius: Pulp Editar o valor em Wikidata

Durante os anos 80 a banda esforzouse por conseguir o éxito, pero non sería ata os 90 cando gañarían prominencia no Reino Unido coa edición dos álbums His 'n' Hers en 1994 e particularmente Different Class en 1995, que acadou o número 1 na lista de álbums británica. Different Class conseguiu catro sinxelos top 10, incluídos "Common People" e "Sorted for E's & Wizz", que foron número 2 no seu país. O estilo musical de Pulp durante este período era un pop-rock influenciado pola música disco cunhas letras ultrarrealistas.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
It 1983 Red Rhino Records
Freaks 1987 Fire Records
Separations 1992 Fire Records
His 'n' Hers 1994 Island Records
Different Class 1995 PolyGram, Island
This Is Hardcore 1998 Island Records
We Love Life 2001 PolyGram, Island

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.