Pruna é un concello español da provincia de Sevilla, Andalucía. No ano 2016 contaba cunha poboación de 2 664 habitantes. A súa extensión superficial é de 100 km² e ten unha densidade de 27,23 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 58' N, 5º 13' O. Atópase situado a unha altitude de 663 metros e a 106 quilómetros da capital de provincia, Sevilla. Nel atópase situado o cume máis alto da provincia de Sevilla, o Pico del Terril, cunha altura de 1 129 metros.

Modelo:Xeografía políticaPruna
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°58′25″N 5°13′23″O / 36.973611111111, -5.2230555555556Coordenadas: 36°58′25″N 5°13′23″O / 36.973611111111, -5.2230555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor em Wikidata
CapitalPruna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.542 (2023) Editar o valor em Wikidata (25,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie100,64 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude663 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco López Sánchez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41670 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE41076 Editar o valor em Wikidata

Páxina webpruna.es… Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Os primeiros asentamentos remóntanse a un poboado túrdulo achado no chamado "castelo", a un quilómetro da actual Pruna, e que se relaciona coa Callet do conventus Astigitanus documentada por Plinio, e que puido estar por esta zona.[1]

Tamén chegaron a estas terras os fenicios e os gregos, os cales chamaron á cidade Prunna, de onde deriva a súa actual denominación.

Na época romana, a cidade foi anexionada ao Imperio Romano na primeira etapa da conquista da península, integrándose na provincia Ulterior.

Durante o período da Al-Andalus, foi unha alqueiría dedicada á agricultura e gandaría. Pertenceu ao reino de Sevilla.

A conquista cristiá foi levada a cabo por Afonso X que a cedeu á Orde de Calatrava. No ano 1457 foi cedida por Henrique IV a Rodrigo de Rivera para que a defendese dos ataques dos musulmáns. Nestes anos a cidade pasaba de mans cristiás a musulmás alternativamente.

No ano 1482 Pruna foi vendida a Rodrigo Ponce de León. Posteriormente pasaría sucesivamente ao ducado de Arcos no século XVI, época na que lle foi outorgado o rango de vila, e no XVIII ao ducado de Osuna.

Durante a invasión francesa a cidade foi incendiada.

O 25 de outubro de 2019 en Pruna localizouse o epicentro dun terremoto de magnitude 4,7 na escala Richter.[2]

Demografía editar

Serie de poboación histórica de Pruna
(Fonte/s: INE)
Ano19961998199920002001200220032004200520062007200820092010201120122013201420152016201720182019
Poboación34753354329432643219314530673057306030062950295529132892285328362788274026962664267126582603

Lugares de interese turístico editar

Castelo de El Hierro editar

 
Castelo de El Hierro.

Localización editar

O castelo de El Hierro álzase sobre un cerro rochoso de 663 metros preto da poboación de Pruna, o que lle proporciona unhas incomparables vistas e gran riqueza paisaxística. Tamén se divisan os castelos de Olvera e de Vallehermoso conectados visiblemente con este. O acceso ao camiño de subida á cima do cerro atópase na estrada A-363 Olvera-Pruna, á altura da Fonte de El Pilarillo, a aproximadamente 7 quilómetros de Olvera e a 1 de Pruna.

⇒ Coordenadas: 36°57'59.4"N 5°13'55.0"W

O primeiro asentamento estable parece corresponder aos túrdulos, que fundaron un poboado chamado Callet onde agora se levanta o castelo. Posteriormente foi un dos primeiros campamentos romanos nas constantes loitas pola dominación de Hispania.

Desde o século XIII coñecíase como "a Fronteira" a toda a franxa de separación entre cristiáns e granadinos: o territorio que correspondía aos antigos reinos de Xaén, Córdoba e Sevilla, nacidos das conquistas de Fernando III e Afonso X o Sabio. No século XIV acuñouse a expresión Banda Mourisca para referirse á parte desta ampla fronteira que discorría no sector fronteirizo do Reino de Sevilla, a formada polo conxunto de territorios fronteirizos que dependeron da xurisdición de Sevilla durante todo o período de inestabilidade comprendido entre mediados do século XIII e finais do XV. Pruna estaba situada en plena Banda Mourisca e por iso a atalaia (torre de vixilancia) foi reforzada polos musulmáns cunha pequena muralla para defendérense do ataque das tropas castelás.

A localidade de Pruna pasou a mans cristiás cando Fernando III conquistou Sevilla. En 1253, Afonso X o Sabio doa o castelo de Pruna á Orde de Calatrava, pero pouco despois localidade e castelo son novamente conquistados polos musulmáns.

Os cristiáns, ao non poder facerse coa vila debido á gran resistencia dos musulmáns, retiráronse cara ao monte de Los Alcornocales e alí colleron castróns a cuxos cornos ataron fachos, levándoos ao pé do castelo, onde os prenderon. Asustados polo lume prendido nos seus cornos, subiron como tolos polos penedos e irromperon de noite no castelo incendiando todo o que achaban ao seu paso. Os moradores fuxiron aterrados á beira oposta da fortaleza onde se despenaron por unha impoñente escarpa que dá a un regato denominado desde entón “Sanguino”, porque foi tal a cantidade de sangue derramado que o seu curso se tinguiu de vermello.

En 1407, Pruna foi conquistada definitivamente polos cristiáns, volvendo o castelo a mans dos cabaleiros da Orde de Calatrava. En 1457, Henrique IV concede a custodia de Pruna a Rodrigo de Rivera, Cabaleiro XXIV de Sevilla. En 1482 é vendida a Rodrigo Ponce de León; no século XVI pasa a depender do Ducado de Arcos e no XVIII ao Ducado de Osuna, até o século XIX que son abolidos os señoríos.

Descrición editar

A súa estrutura principal consistía nunha gran torre de planta rectangular. Na torre diferéncianse dúas fases construtivas: a inicial (cunha planta de 8 por 5,80 metros) do século XIV e unha posterior (na que pasa a medir 11,90 por 9,50 metros e engádeselle a camisa) do século XV. O seu interior presenta dúas cámaras superpostas, unha á altura do chan e a outra á altura do adarve da muralla. A cuberta consiste nunha bóveda vaída apoiada mediante pendentes nun resalte dos muros da torre.

Restauración editar

Tras a súa recente restauración recuperáronse e consolidáronse a estrutura principal do castelo (a torre da Homenaxe) así como os restos que quedaban da camisa, da muralla exterior e o alxibe da fortificación. Pode accederse facilmente, mediante unha escaleira metálica, á cuberta da torre. Tamén se acondicionou a subida á cima, de maneira que esta, a pesar de seguir sendo longa e pronunciada, pode realizarse máis comodamente.

Fonte de El Pilarillo editar

Esta fonte está situada nas saias do castelo de El Hierro, a 1 km do casco urbano tomando a estrada A-363 con dirección a Olvera. A súa auga mana desde hai séculos e crese que vén dun manancial existente dentro do castelo. A natureza das rochas por onde se supón que circula a auga subterránea son de tipo carbonatadas. Consta de tres pías e o seu caudal é moi baixo, aínda que constante. O uso desta auga é rural e gandeiro.

⇒ Coordenadas: 36.963320, -5.231204

 
Fonte de El Pilarillo

Fonte de El Molino Cegato editar

Na base dunhas rochas sobre a canle do regato El Salado aflora un manancial de augas sulfurosas que tradicionalmente se utilizou para curar as enfermidades dos ollos -de aí o seu nome- e as erupcións da pel. Para visitala hai que saír de Pruna pola rúa Culata e pasado El Molinillo, continuar polo carril das canteiras de xeso aproximadamente uns 3 km. Despois dun tramo a pé, chégase á leira de La Laina onde se atopa dita fonte.

Fonte de El Duque editar

O seu manancial procede da Serra do Tablón cunha auga fresca no verán e morna no inverno de moi bo sabor que, despois de servir de pía para animais, emprégase para regar unha horta. O seu nome vén polo Duque de Osuna, propietario destes pagos séculos atrás.

Para visitala hai que ir pola estrada de Pruna a Algámitas, a uns tres quilómetros, tomar un carril á esquerda e a dous quilómetros atópase unha fonte con catro pías talladas en pedra.

⇒ Coordenadas: 37.005309, -5.220579

 
Fonte do Duque

Igrexa de Santo Antonio Abade editar

O edificio é do século XVII, unha construción barroca, probablemente levantado sobre unha ermida anterior, tras unhas obras que duraron un século. Gran parte do patrimonio artístico desta igrexa perdeuse durante a Guerra Civil no século XX.

A súa planta é rectangular, e consta de tres naves de cinco tramos compartimentados por arcos de medio punto que apean sobre piares de sección elíptica, cruceiro e cabeceira plana, á que, a mediados do século XVIII, se apeou un camarín de planta cadrada, cuberto con bóveda semiesférica sobre cunchas.

Ademais das imaxes da Inmaculada, do Santo Antón, da Virxe do Carme e dun Xesús Nazareno, tamén son de grande mérito artístico as pinturas que decoran a cúpula do cruceiro, do ano 1665, pero que as terminou Antonio Francisco Frausto en 1750.

⇒ Coordenadas: 36.972652, -5.221975

 
Igrexa de Santo Antonio Abade

Ermida da Pura e Limpa Concepción editar

A ermida da Pura e Limpa (tamén é coñecida como ermida de El Navazo) é unha pequena igrexa situada a uns 4 km de Pruna, na estrada de Pruna-Algámitas. A súa construción é de 1968 e o primeiro domingo de maio celébrase a Romaría da Pura e Limpa Concepción, unha das celebracións máis antigas da provincia de Sevilla.

⇒ Coordenadas: 36.994456, -5.210898

 
Ermida da Pura e Limpa Concepción

Piar Lejos editar

Trátase dun antigo bebedoiro de gando e onde as mulleres de Pruna ían lavar a roupa. Tamén hai uns pozos, actualmente secos, de onde se fornecía a poboación de auga e se regaban unhas hortas.

Para chegar saímos da localidade pola rúa Cruces en dirección ao cemiterio. No próximo cruzamento de camiños, continuamos recto en dirección á Serra de El Tablón e a uns dous quilómetros atopamos un bebedoiro con pías rusticamente talladas en pedra.

 
El Pilar Lejos.

A Fervenza editar

Trátase dunha fervenza coñecida como La Cascada duns 25 ou 30 metros aproximadamente. Está situada a 1 km de Pruna e para visitala hai que saír da poboación pola rúa Culata dirección ao Molinillo e á dereita hai unha pena por onde se descolga en forma de fervenza a auga.

Os Nacementos editar

Los Nacimientos trátase dun nacemento de auga que foi utilizado tradicionalmente para regar hortas. O acueduto servía para que a auga gañase altura e así poder mover a pedra que servía para moer o gran. A data da súa construción poderíamos situala no período de dominación almohade, polo material construtivo utilizado e estivo en funcionamento ata finais do século XIX ou principios do XX.

Para acceder, partimos desde a rúa Cruces e tomamos o camiño de Almargen onde chegaremos ao Puerto de la Berruga. Tomamos o carril da esquerda dirección á Serra do Tablón pola verea de Algámitas. Aproximadamente a uns 4 km de Pruna e tras pasar un pequeno regato, Botón de Gallo, á esquerda atopamos os restos dun acueduto, en moi bo estado de conservación, estando “in situ” mesmo a pedra de moenda, que conducía a auga ata un muíño e un pouco máis arriba, na aba da serra atopámonos co nacemento da auga, de aí o seu nome, que fornece a poboación na actualidade.

⇒ Coordenadas: 36.986503, -5.184531

Serra de Las Harinas editar

Unha serra coas súas faldras de oliveirais e onde se atopan franxas de albelo branco, con fósiles de amonitas e de belemnites en negativo e outras franxas de terra avermellada onde estes fósiles están en positivo.

Para chegar imos pola antiga estrada de Morón de la Frontera. A uns tres quilómetros do pobo tomamos o carril de El Molino de la Fuente Vieja ata a faldra desta serra duns 780 metros.

Serra de El Tablón e pico de El Terril editar

 
Pico do Terril

Ten a máxima altura provincial cunha frondosa vexetación, na cara norte hai aciñeiras, xara, toxos etc. Enfronte atópase El Peñón de Algámitas coa Cova de San Doroteo e entre ambos o Porto de El Zamorano con 700 metros de altitude.

Para chegar, tras pasar a Ermida da Pura e Limpa, a uns tres quilómetros e medio atopámonos cunha inmensa mole da Serra do Tablón. Existe un carreiro que permite subir ata a cima onde nos atopamos co Terril (1 129 metros), punto cume da provincia de Sevilla, tendo como testemuño un monólito alí colocado.

⇒ Coordenadas: 36.998863, -5.173127

Notas editar

  1. Pascual Barea, Joaquín (2004). "Callet y Callenses Aeneanici (Montellano, Morón): la ceca, el topónimo, el territorio y los oppida". Moneta qua scripta: la moneda como soporte de escritura. Actas del III Encuentro Peninsular de Numismática Antigua. Anejos de AEArq, 33 (Madrid: CSIC): 23–39 (p. 28). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2021. Consultado o 02 de maio de 2021. 
  2. "Un terremoto de magnitud 4,7 en Pruna se siente con intensidad en la provincia de Málaga". Diario Sur. 25 de outubro de 2019. Consultado o 2 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar