Proxima Centauri b

planeta extrasolar

Proxima Centauri b (tamén coñecido como Proxima b[1][2]) é un planeta extrasolar que orbita na zona de habitabilidade da estrela anana vermella Proxima Centauri, a estrela máis achegada ó Sol.[3][4] Atópase a 4,2 anos luz (1,3 parsecs ou 40 trillóns de quilómetros) da Terra, na constelación de Centaurus, converténdoo no planeta extrasolar coñecido máis achegado ó Sistema Solar. É candidato de habitabilidade planetaria, malia que non é o mellor candidato comparándoo con outros planetas de tamaños semellantes,[5] pero é preciso ter máis información sobre as características físicas do planeta para unha avaliación axeitada.[5][6][7]

Recreación artística da superficie de Proxima Centauri b, orbitando a anana vermella Proxima Centauri, a estrela máis achegada ó Sistema Solar.

En agosto de 2016, o Observatorio austral europeo anunciou o descubrimento do planeta.[3][8][9][10][11] O planeta foi atopado empregnado a método da velocidade radial, onde os cambios periódicos das liñas espectrais da estrela suxiren un obxecto orbitante. Segundo esta tese, a velocidade radial da estrela nai en relación coa Terra varía a súa amplitude a 2 metros por segundo.[8] Orbita a estrela a unha distancia de aproximadamente 0,05 AU (7,5 millóns de km) cun período orbital de aproximadamente 11,2 días terrestres. A masa estimada do planeta é polo menos 1,3 veces a da Terra. A temperatura de equilibrio de Proxima b estímase que se atopa dentro do rango onde a auga podería existir como líquido na súa superficie, situándoa dentro da zona habitable de Proxima Centauri, aínda que debido a que Proxima Centauri é unha anana vermella e unha estrela flamante, non se prevé que poida soportar a vida.[8]

O investigador Guillem Anglada Escudé, que liderou o proxecto do descubrimento, cre que a súa proximidade coa Terra ofrece unha oportunidade para a exploración robótica do planeta co proxecto Starshot[3][4] ou, cando menos, "nos vindeiros séculos".[4]

Notas editar

  1. CNN, ed. (24 de agosto de 2016). "Earth-like planet discovered orbiting sun's neighbor". Consultado o 24 de agosto de 2016. A planet named Proxima b has been discovered orbiting the closest star to our sun. 
  2. Davis, Nicola (24 de agosto de 2016). The Guardian, ed. "Discovery of potentially Earth-like planet Proxima b raises hopes for life". Consultado o 24 de agosto de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Chang, Kenneth (24 de agosto de 2016). New York Times, ed. "One Star Over, a Planet That Might Be Another Earth". Consultado o 24 de agosto de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Strickland, Ashley (24 de agosto de 2016). "Closest potentially habitable planet to our solar system found". CNN Health. Consultado o 25 de agosto de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Clery, Daniel (26 de agosto de 2016). Science News, ed. "The exoplanet next door". Consultado o 28 de agosto de 2016. Researchers have already found hundreds of similarly sized planets, and many appear to be far better candidates for hosting life than the one around Proxima Centauri, called Proxima b. 
  6. Amos, Jonathan (24 de agosto de 2016). BBC News, ed. "Neighbouring star Proxima Centauri has Earth-sized planet". Consultado o 25 de agosto de 2016. Just how "habitable" this particular planet really is, one has to say is pure speculation for the time being. 
  7. Ribas, Ignasi; Bolmont, Emeline; Selsis, Franck; et al. (25 de agosto de 2016). "The habitability of Proxima Centauri b: I. Irradiation, rotation and volatile inventory from formation to the present" (PDF). Astronomy & Astrophysics. Consultado o 28 de agosto de 2016. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Anglada-Escudé, G.; Amado, P. J.; Barnes, J.; Berdiñas, Z. M.; Butler, R. P.; Coleman, G. A. L.; de la Cueva, I.; Dreizler, S.; Endl, M.; Giesers, B.; Jeffers, S. V.; Jenkins, J. S.; Jones, H. R. A.; Kiraga, M.; Kürster, M.; López-González, M. J.; Marvin, C. J.; Morales, N.; Morin, J.; Nelson, R. P.; Ortiz, J. L.; Ofir, A.; Paardekooper, S.-J.; Reiners, A.; Rodríguez, E.; Rodrίguez-López, C.; Sarmiento, L. F.; Strachan, J. P.; Tsapras, Y.; Tuomi, M.; Zechmeister, M. (25 de agosto de 2016). "A terrestrial planet candidate in a temperate orbit around Proxima Centauri" (PDF). Nature (en inglés) 536 (7617): 437–440. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/nature19106. 
  9. European Southern Observatory, ed. (24 de agosto de 2016). "Planet Found in Habitable Zone Around Nearest Star". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 02 de setembro de 2016. 
  10. Space.com, ed. (24 de agosto de 2016). ""Found! Potentially Earth-Like Planet at Proxima Centauri Is Closest Ever "". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2016. Consultado o 02 de setembro de 2016. 
  11. Knapton, Sarah (24 de agosto de 2016). Telegraph Media Group, ed. "Proxima b: Alien life could exist on 'second Earth' found orbiting our nearest star in Alpha Centauri system". The Telegraph. Consultado o 24 de agosto de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar