Proxector cinematográfico

Un proxector cinematográfico é un dispositivo opto-mecánico empregado para mostrar películas ao proxectalas nunha pantalla. A maioría dos compoñentes ópticos e mecánicos, excepto os relacionados coa iluminación e o son, están tamén presentes nas cámaras cinematográficas.

Proxector de 35 mm en acción.
Proxector de 35 mm.

A máquina proxecta, a intervalos regulares de poucas centésimas de segundo, un feixe de luz sobre os fotogramas dun película; este feixe de luz vén aumentado e invertido por un lente que enfoca a imaxe resultante sobre unha pantalla.

O cinematógrafo foi patentado en febreiro de 1894 polos irmáns Lumière e as primeiras exhibicións públicas realizáronse en 1895. Na actualidade existen "proxectores cinematográficos dixitais" que proxectan unha imaxe xerada por medios dixitais, sen facer uso dunha película, pero si do feixe de luz e dos lentes.

Fisioloxía e uso editar

De acordo coa teoría da persistencia retiniana, o proceso perceptual do cerebro e a retina do ollo humano retén unha imaxe durante un breve lapso de tempo. Esta teoría é a explicación da ilusión de movemento que se produce cando unha serie de imaxes se mostran en rápida sucesión, en lugar de percibir cada imaxe individual da serie.

A persistencia da visión debería compararse co fenómeno relacionado do movemento beta e o fenómeno phi. Unha parte crítica da comprensión do fenómeno da percepción visual é que o ollo non é unha cámara, é dicir, que non hai "imaxes por segundo" no ollo. En lugar diso, o sistema ollo/cerebro ten unha combinación de detectores de movemento, detectores de detalle e detectores de patróns, cuns resultados que se combinan para crear a experiencia visual.

A frecuencia á que o cambio de imaxes se volve invisible depende do nivel de iluminación. Xeralmente, 16 imaxes por segundo (ou, do inglés, frames por segundo: fps) considérase a frecuencia máis baixa á que o movemento continuo é percibido polos humanos. (É interesante destacar que este limiar varía entre as diferentes especies; unha proporción maior de bastóns na retina ten como consecuencia unha frecuencia limiar maior).

É posible apreciar o espazo entre imaxes pechando e abrindo os ollos rapidamente. Se se fai suficientemente rápido, nalgún momento atraparase a transición. Isto non funcionará coa televisión debido á persistencia do fósforo nin cos proxectores LCD ou DLP debido á continuidade da imaxe, aínda que algunhas tecnoloxías dixitais de proxección poden deixar ver artefactos.

Desde o nacemento do cine sonoro, case todos os proxectores de cine comerciais proxectan a unha frecuencia de 24 imaxes por segundo. Esta velocidade escolleuse por razóns financeiras e técnicas: era a frecuencia máis baixa (polo que requiría menor cantidade de película) á que se podía realizar unha reprodución e amplificación do son satisfactorias. Aínda así, hai algúns formatos especiais como Showscan ou Maxivisión que proxectan a frecuencias máis altas, normalmente 48 imaxes por segundo.

As películas mudas normalmente non se proxectaban a velocidades constantes [1] Arquivado 07 de abril de 2007 en Wayback Machine., senón que variaban durante a proxección a discreción do proxeccionista, nomalmente segundo notas proporcionadas polo distribuidor.

 
Antigo proxector cinematográfico.

Proxector de cine "Victoria 5" editar

Este modelo de proxector cinematográfico é da marca italiana Cinemeccanica, un dos máis utilizados nas cabinas de cine actuais xunto con Christie, Kinoton, Prevost etc. Divídese principalmente en tres partes importantes:

  • Unha á a bancada onde se encontra toda a parte eléctrica que o fai funcionar. Ás veces non se considera como parte do proxector, xa que é un conxunto de circuítos eléctricos.
  • A outra parte é a lámpada; esta é un habitáculo onde se encontra colocada unha lámpada de xenon. Este habitáculo está equipado cun sistema de ventilación para o correcto arrefriamento da lámpada. En caso de que conteñan lámpadas de 6.000W tamén posúen un xogo de cristais anticalóricos para evitar que a luz queime a película e ademais teñen un sistema de refrixeración por auga para a zona onde pasa a película (os patíns).
  • A terceira parte é a máis importante, porque nela inclúense:
  1. O crono, que é un conxunto de rolos dentados por onde a película pasa a unha velocidade de 24 fotogramas por segundo.
  2. Tamén contén o obturador; é unha peza fundamental que coordina o paso dun fotograma a outro coa luz, ocultando a unión entre un e outro, creando así o efecto do movemento na pantalla.
  3. A outra parte importante é a torreta, que é a que ten o lente que amplía a imaxe que se proxecta cando o feixe de luz pasa a través do fotograma. Neste modelo a torreta consta de dous lentes: un para o formato panorámico e outro para o formato scope.

Proxector de cine dixital editar

O cine e a televisión sempre estiveron en disputa desde que os televisores chegaron aos fogares nos anos 1940 e 1950. Pódese dicir que por esta razón o cine cambiou a súa proporción (fullscreen a widescreen) co propósito de atraer espectadores. Mais a televisión tivo tanto éxito que obrigou ás casas peliculeiras a reinventarse para que así a xente se movera aos cines en lugar de quedar en casa. Por esta e outras razóns xorde a proxección dixital.

O proxector dixital usa a tecnología DLP baseada en espellos que se moven reflectindo a luz con diferente intensidade e cor. Os proyectores que se están instalando en todo o mundo son de 2K (2048 x 1080), aínda que tamén hai de 4k (4096 x 2160) en desenvolvemento. A calidade do cine analóxico en soporte 35mm sería aproximadamente de 8k, polo que o dixital non chega a equiparárselle, aínda que ten outras vantaxes como que a calidade da proxección non se ve deteriorada co tempo, non se raia, ten mellor brillo e ten a posibilidade de proxectar contidos de TV, DVD, HD DVD, así como a posibilidade da proxección en 3D, ao ser instalados sistemas de filtros de polarización de imaxe, como RealD 3D, Dolby3D, ou XpanD, entre outros.

Para proxectar contido dixital os proxectores reciben o sinal dun servidor ou SMS (Screen Management System), que é unha computadora á cal se lle inxestan os DCP (digital cinema package) que son os spots, trailers ou películas, ou ben poden recibir o sinal desde un DVD, Blu-ray, HD-Cam etc.

As normas internacionais que regulan este sistema son DHI. As marcas de proxectores dixitais máis avanzadas son Barco, Christie, Cinemecánica, Kinoton, Sony, Victor Company of Japan, e utilizan tecnoloxía de Texas Instruments.

Texas Instruments editar

Cada sistema de proxección de TI posúe un semicondutor óptico ou chip DMD. Cada un destes dispositivos contén unha colección de aproximadamente 2.2 millóns de microespellos montados individualmente en pequenas bisagras cunha inclinación de ±10°. Esta inclinación permite enfrontarse ou cubrirse con sombra da fonte de luz co que se obtén un píxel luminoso ou escuro sobre a superficie proxectada. Como resultado, cada espello microscópico correspóndelle un píxel da imaxe sobre a pantalla. Os proxectores de cine dixital están equipados con tres dispositivos, cada un dos cales se dedica a unha cor primaria. O feixe de luz descomponse en tres feixes ao atravesar un prisma que o descompón en vermello, verde e azul. Esta luz coloreada volve combinarse ao seu paso polo lente de proxección para formar a imaxe en pantalla. A combinación destes chips permite alcanzar unha gama de 35 trillóns de cores.[1]

Philippe Binant[2] realizou, 2000, a primeira proxección de cine numérico público de Europa, fundada sobre a aplicación dun MEMS desenvolvido por Texas Instruments.[3]

Victor Company of Japan editar

JVC desenvolveu a tecnoloxía Liquid Crystal On Silicon (LCOS), composta por cristais líquidos reflectantes que se abren e se cerran reflectindo ou bloqueando a fonte de luz. Os proxectores para a exhibición cinematográfica utilizan tres dispositivos que modulan a luz nas canles vermella, verde e azul. A luz repártse nestas compoñentes e proxéctase de forma simultánea sobre a pantalla. O obxectivo de JVC nunca foi a proxección de cine dixital, mais, a compañía desenvolveu algúns proxectores de alta definición con calidade apta para a sala e cedeu a tecnoloxía á empresa Kodak para que a incorpore nos seus proxectores.[1]

Sony editar

En 2003 Sony empeza a experimentar na área da proxección dixital coa tecnoloxía SXRD. Esta baséase no cristal líquido de silicona, empregado tamén por JVC, pero coa diferenza que incorpora a variación de materiais Liquid Crystal Alignment Vertically. Con este sistema, as moléculas quedan aliñadas verticalmente ao substrato da cela que está sendo usada, co que se obtén unha boa circulación de voltaxe e alta calidade das propiedades ópticas. Sony incorpora como novidade a minimización do tamaño de cada píxel e do espazo entre eles. Esta tecnoloxía de Planarization Technology of Silicon Backplane combínase cun proceso de fabricación da capa de aliñación que establece unha forma de montar as obleas enteiras, uniformes, sen o uso de espazadores. Desta forma, moitos paneis créanse inmediatamente ao mesmo tempo. Este proceso reduciu a penetración de po ao mesmo tempo que mellora a calidade de imaxe. De feito, o SXRD é a maior promesa de calidade até o momento, cunha resolución de 4096 x 2160 píxeles e un contraste de 3000:1.[1]

Sistemas de proxección editar

A funcionalidade do sistema de proxección categorízase de tres distintas maneiras. D-cinema ou Cine Dixital abarca a exhibición tradicional de películas pero transportadas ao sistema dixital. A calidade pretende ser mayor á de 35 mm. O sistema de presentación debe estar deseñado especificamente para uso cinematográfico. A-cinema ou contido alternativo é o material que non representa unha longametraxe. Como o sistema de proxección non necesariamente ten que estar deseñado para a proxección de películas, o equipamento é máis económico pero de igual calidade. Por último está a categoría de Pre-Show e publicidade, onde se utiliza equipamento de baixa calidade para presentacións de publicidade.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Izquierdo Castillo, J. El impacto de la tecnología en la exhibición cinematográfica: el lento camino a la sala digital Revista Latina de Comunicación Social, Vol. 12, Núm. 64, 2009, pp. 43-56.
  2. Es.encydia.com Biografía : Philippe Binant (1960 - )
  3. "Texas Business". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar