Provincia de San Juan

A provincia de San Juan[1] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 681.055 habitantes (2010) e a súa capital é San Juan.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de San Juan
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 30°52′S 68°59′O / -30.87, -68.98Coordenadas: 30°52′S 68°59′O / -30.87, -68.98
EstadoArxentina Editar o valor em Wikidata
CapitalSan Juan Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación738.959 (2014) Editar o valor em Wikidata (8,24 hab./km²)
Xeografía
Superficie89.651 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.269 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMercedario (pt) Traducir (6.701 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1820 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Governor of San Juan province (en) Traducir Editar o valor em WikidataSergio Uñac (en) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoChamber of Deputies of San Juan (en) Traducir , (Escano: 36) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AR-J Editar o valor em Wikidata

Páxina websanjuan.gob.ar Editar o valor em Wikidata

Situada no centro oeste do país, na Rexión de Cuyo. O seu territorio está dividido en 19 departamentos. Limita polo norte e leste coa Provincia de La Rioja, polo sueste coa de San Luis, polo sur con Mendoza e polo oeste coa República de Chile, cun límite que está determinado pola divisoria de auga da cordilleira dos Andes.

O territorio desta provincia posúe 89 651 km², onde prima un relevo montañoso intercalado por vales e travesías baixo un clima, predominante, temperado seco, cunha marcada escaseza de cursos hídricos superficiais. Nos vales atópanse os oasis, produto do embalsamento e sistematización dos ríos xerados polo desxeo da cordilleira. En ditos espazos é onde se concentra a poboación. Entre estes destaca o oasis do Tulum, onde se empraza o Gran San Juan, núcleo urbano que concentra máis do 60% da poboación total da provincia.

Nos oasis prima a actividade agrícola, destacando a viticultura, actividade que tipifica a provincia. Ademais ten gran protagonismo a olivícola; como tamén unha boa variedade de froitas e hortalizas. Das dúas primeiras actividades, principalmente, despréndese un complexo agroindustrial coa elaboración de viño, sendo esta provincia a segunda produtora en volume a nivel nacional; posuíndo á súa vez destacados viños.[2] Así mesmo tamén se producen grandes volumes de aceite de oliva.

Ademais da actividade agrícola nos oasis, tamén destaca unha crecente e importante actividade mineira. Na provincia extráese e procésase unha diversidade importante de minerais, tanto metalíferos como ouro e prata, e non metalíferos, como a calcaria para a produción do cal.

No que respecta ao turismo, os atractivos internacionais máis importantes son o montañismo, co cerro Mercedario e, desde un punto de vista científico, Ischigualasto, un importante xacemento paleontolóxico de estrañas xeoformas, que data do período triásico. O turismo enolóxico creceu considerablemente nos últimos anos; así como tamén os deportes de aventura como o rafting e o windcar, practicado este último nun lugar coñecido como a Pampa del Leoncito, entre outros. Tamén é bastante coñecida polo turismo relixioso, co moi visitado Oratorio da Defunta Correa.

Notas editar

  1. Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1872. ISBN 9788482893600. 
  2. Cuatro vinos de San Juan, entre los mejores del mundo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar