Provincia de Balkan

A Provincia de Balkan (en turcomán Balkan welaýaty) é unha das cinco provincias (welayat) de Turkmenistán.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Balkan

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°N 55°L / 40, 55Coordenadas: 40°N 55°L / 40, 55
EstadoTurkmenistán Editar o valor em Wikidata
CapitalBalkanabat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie139.270 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación18 de maio de 1992 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2TM-B Editar o valor em Wikidata

Situada no oeste do país, limita con Uzbekistán, Casaquistán, o mar Caspio e Irán. A súa capital é Balkanabat, antigamente coñecida como Nebit Dag.

Ten unha superficie de 139 270 km2 e unha poboación duns 553 500 habitantes (estimación de 2005).[1] A densidade de poboación é de 3,3 hab./km2, a máis baixa de Turkmenistán.

E provincia posúe importantes reservas de enerxía, producindo o 94 % do gas natural e o 12 % do petróleo de Turkmenistán, e xerando o 18 % da enerxía eléctrica do paía. Debido á escaseza de auga, a súa agricultura é desprezábel, e só o 4,5 % da terra arábel de Turkmenistán está nesta provincia.

Cerca das súas costas do Caspio a provincia está a illa de Ogurja Ada, a máis importante de Turkmenistán e unha das máis grandes do mar Caspio.

Distritos editar

A provincia de Balkan divídese admistrativamente en 6 distritos (etraplar; singular, etrap) e 7 cidades (il). Moitos cambiaron de nome en 95.

Notas editar

  1. Statistical Yearbook of Turkmenistan 2000-2004, National Institute of State Statistics and Information of Turkmenistan, Ashgabat, 2005.
  2. "Halk Maslahaty resolution changing the status of Serdar City". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2009. Consultado o 01 de marzo de 2012.