Propionibacterium

Propionibacterium é un xénero de bacterias grampositivas, con forma de bacilo denominadas así polo seu peculiar metabolismo no que forman ácido propiónico utilizando un encima transcarboxilase pouco usual.[3]

Os seus membros son principalmente parasitos facultativos e comensais dos humanos e outros animais, e viven dentro ou arredor das glándulas sudoríparas, glándulas sebáceas, e outras áreas da pel. Son moi comúns e non causan problemas á maioría da xente, pero están implicadas na acne e noutras condicións da pel.[4] Un estudo atopou que os Propionibacterium eran os microorganismos máis prevalentes asociados á pel humana (ver flora da pel).[5]

Os membros do xénero Propionibacterium son moi utilizados na produción de vitamina B12, compostos tetrapirrólicos, e ácido propiónico, e nas industrias do queixo e probióticos.[6]

A cepa Propionibacterium freudenreichii subsp. shermanii utilízase para facer certos tipos de queixo como o Emmental, xa que producen burbullas de CO2 que orixinan os ollos do queixo, e danlle un certo aroma e sabor.[7]

Notas editar

  1. Madigan, Michael T (2012). Brock: Biology of microorganisms (13th ed.). p. Apendix 2 page 12. 
  2. Propionibacterium np NCBI 1743
  3. Cheung, Y.F., Fung, C., and Walsh, C. "Stereochemistry of propionyl-coenzyme A and pyruvate carboxylations catalyzed by transcarboxylase." 1975. Biochemistry 14(13), pg 2981.
  4. Bojar, R., and Holland, K. "Acne and propionibacterium acnes." 2004. Clinics in Dermatology 22(5), pg. 375-379.
  5. Rust, Susanne (4 February 2012). "UC Berkeley Bacteria Study: Research Shows Humans A Major Source Of Germs". Huffington Post (San Francisco). Consultado o 2012-04-06. 
  6. Kiatpapan P., Murooka Y. Genetic manipulation system in propionibacteria. Journal of Bioscience and Bioengineering. 93 (1) (pp 1-8), 2002
  7. "Making Swiss Cheese - David B. Fankhauser, Ph.D.". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2004. Consultado o 03 de novembro de 2014.