Programa Fulbright

O Programa Fulbright (incluíndo o Programa Fulbright-Hays)[1] é un programa de bolsas de estudos (Fulbright Fellowships e Fulbright Scholarships), fundado polo senador J. William Fulbright e patrocinado pola Oficina de Asuntos Educativos e Culturais do Departamento de Estado dos Estados Unidos, gobernos doutros países e sector privado. O programa estableceuse para mellorar o entendemento mutuo entre o pobo dos Estados Unidos e outros réximes mediante o intercambio de persoas, coñecementos e técnicas[2].

Programa Fulbright
Logo
Tipobolsa de estudos e programa gobernamental
Data de fundación1946
Nomeado en referencia aJ. William Fulbright
PremiosPremio Princesa de Asturias
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://us.fulbrightonline.org/, http://www.fulbright.org.tw/ e http://foreign.fulbrightonline.org/
Twitter: FulbrightPrgrm Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
J. William Fulbright, Senador Creador do Programa de Bolsas

O programa foi creado grazas aos esforzos do senador de Arkansas J. William Fulbright, quen obtivo a súa aprobación polo Senado en 1946. Está considerado un dos programas máis prestixiosos para fomentar a educación intercultural do mundo e opera en 144 estados-nación. Máis estudantes de Fulbright recibiron premios Nobel que ningún outro programa académico; por exemplo, en 2002 había dous Nobel.

Premio Fulbright editar

Creado en 1993, o Premio Fulbright para o Entendimento Internacional é unha láurea, con recursos mantidos pola Fundación Coca-Cola, que outorga 50.000 dólares a personalidades que destacaron polo entendemento entre cidadáns, culturas ou nacións[3].

Os seus homenaxeados foron:[4]

Notas editar

  1. "Fulbright-Hays Group Projects Abroad Program". www.ed.gov (en inglés). 
  2. Lebovic, Sam; 11 de agosto; 2013; Comentarios. "The Fulbright, history’s greatest war-surplus program - The Boston Globe". BostonGlobe.com (en inglés). Consultado o 2022-07-09. 
  3. "Fernando Henrique é contemplado com o Prêmio Fulbright" (en portugués). 02/10/2003. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 
  4. "Past Prize Laureates". Fulbright.org (en inglés). 2017-12-19. Consultado o 2022-07-09.