Prisciliano, nado no ano 340 e axustizado en Tréveris en 385, foi un relixioso heresiarca galaico-romano, aínda que non se coñece exactamente se naceu na Gallaecia ou noutro lugar. En todo caso, é considerado galaico pola exitosa propagación da súa herexía e persistencia de adeptos neste territorio.

Infotaula de personaPrisciliano
Nome orixinal(la) Priscilianus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 340 Editar o valor em Wikidata
Hispania (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte385 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Tréveris (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDecapitación Editar o valor em Wikidata
Bispo de Ávila
385 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo e Priscilianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porHerexía Editar o valor em Wikidata

BUSC: prisciliano-m-385
Simboloxía priscilianista.

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia de terratenentes e culta, pertencente á máis alta aristocracia da Gallaecia romana (incluso algúns autores sinalan que senatorial), coma moitos dos seus discípulos, Felicísimo, Armenio, Latroniano, Eucroacia, Asarbo e Aurelio). Formouse en Bordeos, e un dos seus mestres foi Delfidio.

Era seguidor do gnosticismo, maniqueísmo, ascético e vexetariano. Despois duns anos de vida mundana comeza unha conversión á vida ascética e a predicar un cristianismo que negaba a existencia do misterio da Trindade e priorizaba o estudo dos textos sagrados. Os seus postulados son coñecidos como priscilianismo, e está claramente emparentado co gnosticismo.

Defende a igualdade entre homes e mulleres respecto á participación activa nos templos. Predica a abstinencia de alcol e carne. Non prohibe o matrimonio de monxes e clérigos, aínda que recomenda o celibato, condena a escravitude, utiliza o baile como parte da liturxia, acepta o uso dalgúns evanxeos apócrifos como o de San Tomé e propugna a eliminación da xerarquía eclesiástica. Foi acusado de animista.

É nomeado bispo de Ávila no ano 380. O concilio de Zaragoza dese ano condenara por herexía algunha das súas prácticas. Redactou tratados para defender as súas doutrinas e viaxou a Roma para entrevistarse co Papa, pero non o consegue. No ano 384, en Bordeos, comparece perante un tribunal eclesiástico no concilio que o condena por bruxería e maniqueísmo, canda os seus seguidores, aínda que grazas á intervención do bispo de Tours, san Martiño, o proceso mantense en suspensión, até que os bispos Magno e Rufo conseguen levalo ante o concilio de Tréveris. Así, no 385 o emperador chamouno a Tréveris para se defender das acusacións dos seus adversarios. No 386 foi desterrado e xulgado en Tréveris, e mediante decreto do emperador Magno Clemente Máximo foi condenado a morte por bruxería e herexía e decapitado e, segundo a tradición, guindado da Porta Nigra, xunto con catro dos seus discípulos.

Foi o primeiro axustizado por herexía do cristianismo[Cómpre referencia]. Curiosamente o propio emperador Máximo foi executado tres anos despois por orde de Teodosio I. A pesar da súa morte o priscilianismo continúa difundíndose, e mesmo se lle rende culto ó corpo de Prisciliano, considerado mártir polos seus seguidores.

 
Santo Agostiño de Hipona, un dos Padres da Igrexa máis activos contra o priscilianismo

As súas ensinanzas contaron con numerosos seguidores, foi acollida polo pobo en todo o noroeste peninsular durante a súa vida e con posterioridade, chegando a súa influencia ata o século VI. En gran parte a introdución do cristianismo en terras galaicas débese á doutrina priscilianista. Tempo despois da súa morte realizáronse varios concilios co tema principal de erradicar a súa doutrina, fortemente enraizada no pobo, como ocorreu no Concilio de Toledo do ano 400 (onde os bispos de Astorga e Braga préstanlle apoio militante), ou os concilios de Braga, (o primeiro entre 561 e 563; e o segundo no 572, nos que se declaran anatemas contra proposicións priscilianistas). A mediados do Século V a presión dos priscilianistas obriga ao exilio ao bispo de Celenes, actual Caldas de Reis.

Incluso un século despois da súa morte, Hidacio atacará a súa doutrina con rabioso sentir, ou anteriormente Orosio verase na obriga de defender o seu posicionamento antipriscilianista. Incluso no IV concilio de Toledo en 683 condénase como eiva prisciliana o costume de non cortar o pelo entre a cleirecía galega.

Prisciliano foi autor duns Tratados publicados pola primeira vez en 1889, xa que foron atopados pouco antes na Universidade de Würzburg.

Por Sulpicio Severo sábese que o seu corpo, xunto cos dos seus discípulos, volve a Hispania, e en 1900 un eminente haxiógrafo francés, Mons. Louis Duchesne, insinúa que foi Prisciliano o enterrado no sepulcro do apóstolo Santiago, hipótese recollida a partir de entón por numerosos autores. Isto ten pouca credibilidade xa que, segundo Isidoro Millán González-Pardo, o sepulcro central do Apóstolo e o mosaico de mármore que o cobre pertencen á segunda metade do século II

A Xeración Nós recuperará a súa figura e destácaa como figura fundamental na historia de Galicia.

En 2018 a Universidade de Santiago de Compostela organizou o congreso O Priscilianismo e Gallecia: Arqueoloxía e Textos.[1]

Notas editar

  1. Hermida, Santiago (18 de setembro de 2018). "Prisciliano volta á academia". Cultura Galega. Consultado o 19 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar