O Litoral esloveno (esloveno Primorska; italiano Litorale; alemán Küstenland) é unha rexión tradicional da Eslovenia que consta da rexión de Goriška xunto co anaco da Istria eslovena (Slovenska Istra). O nome provén do territorio da coroa dos Habsburgo do Litoral austríaco do cal Eslovenia fora parte. Os principais centros urbanos son Nova Gorica na Goriška, algo ao interior, e Koper na Istria, que é o porto comercial de Eslovenia.

Litoral da Eslovenia
Litoral da Eslovenia

Na costa, indo desde Italia, a 12 km desta, sitúase a primeira localidade eslovena, Skofije, e pouco despois Ankaran, cunha longa praia, e xa despois Koper. Xa no sur, lindando con Croacia, érguese nun cabo, Piran, e no seu mesmo concello Portoroz, a localidade máis turística da costa eslovena. O río Dragonia marca a fronteira coa Istria croata.