Primož Brezec, nado en Postojna o 2 de outubro de 1979, é un ex xogador esloveno de baloncesto profesional. Mide 2,16 metros e xogaba na posición de pivote.

Primož Brezec
Información persoal
Nacemento 2 de outubro de 1979 (44 anos)
Postojna, Iugoslavia
Nacionalidade Eslovenia Eslovenia
Altura 2,16 m (7 ft 1 in)
Peso oficial 116 kg (251 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Pre-draft club KK Union Olimpija
NBA Draft 2000 / Rolda: 1 / Elección: 27
Por Indiana Pacers
Carreira 1996–2017
Historial de equipos
Kraski Zidar (1998–2001) Esl.
KK Union Olimpija (1998–2001)
Indiana Pacers (2001–2004)
Charlotte Bobcats (2004–2007)
Detroit Pistons (2007–2008)
Toronto Raptors (2008)
Lottomatica Roma (2008–2009)
Philadelphia 76ers (2009–2010)
Milwaukee Bucks (2010)
Krasnye Krylya (2010-2011)
Lokomotiv Kuban (2011–2012)
Nizhny Novgorod (2012–2014)
AEK Larnaca (2015)
Al Kuwait (2015)
AEK Larnaca (2015−2017)
Al-Ahli Manama (2017)

Traxectoria editar

Brezec creceu xogando en Kraski Zidar. Máis tarde xogou no KK Union Olimpija dende 1998 até 2001. Foi elixido na posición 27 do Draft da NBA de 2000 por Indiana Pacers. Tres anos despois e tras xogar poquísimo, foi elixido no draft de expansión polos Bobcats. No seu primeiro ano no equipo, tivo unha media de 13 puntos e 7 rebotes. O 14 de decembro de 2007 foi traspasado a Detroit Pistons xunto a Walter Herrmann a cambio de Nazr Mohammed.[1]

Dous meses despois, foi traspasado a Toronto Raptors a cambio de Juan Dixon. Tras o seu paso pola Lottomatica Roma, en agosto de 2009 regresou á NBA, fichando por Philadelphia 76ers.[2] En febreiro de 2010 foi traspasado a Milwaukee Bucks xunto con Royal Ivey a cambio de Francisco Elson e Jodie Meeks.[3]

Notas editar

  1. "Herrmann es cambiado de Charlotte a los Pistons". ESPNdeportes.com (en castelán). 2007-12-15. Consultado o 2020-04-12. 
  2. "Os 76ers fichan a Primoz Brezec". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  3. Sixers Complete Four Player Trade with Milwaukee - 2/18/2010

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar