Primeiro ministro de Israel

O Primeiro ministro de Israel é o xefe do goberno do Estado de Israel. É a figura política máis importante do país e a Lei Básica de Israel: o goberno (1968, emendada en 2001) regula as súas responsabilidades así como o funcionamento do executivo.[1] Tanto a súa oficina como a residencia oficial están en Xerusalén. Dende 2021 exerce o cargo Naftali Bennett. O primeiro en exercer o cargo foi David Ben-Gurion en 1948 e o primeiro ministro que máis tempo estivo no cargo foi Benjamin Netanyahu, cun total de 15 anos e 92 días de servizo.

Bandeira do Primeiro Ministro de Israel

Designación editar

O Primeiro Ministro de Israel é proposto polo Presidente do Estado, quen, logo das eleccións lexislativas, escolle a un membro do parlamento como candidato. Este dispón de 28 días para propor á Knesset unha lista de ministros e un programa de goberno.[2] De recibir a confianza parlamentaria, os ministros comezan a exercer as súas funcións, sendo responsables ante o primeiro ministro.[3] Ademais, o primeiro ministro pode asumir algún ministerio. Así, ata 2021, sete primeiros ministros compatibilizaron o seu cargo co de ministro, sendo a de Defensa a carteira predilecta.

Entre 1996 e 2001 o primeiro ministro era directamente escollido pola cidadanía nunhas eleccións diferentes ás parlamentarias. Dende a fundación do cargo en 1948, todos os primeiros ministros formaron gobernos de coalición co obxectivo de asegurar o respaldo da Knesset.

Notas editar

  1. "Basic Law: Government (1968)". Knesset. Consultado o 30-1-2021. 
  2. "Estado: poder executivo". Embaixada de Israel en Madrid. Consultado o 30-1-2021. 
  3. "Basic Law: Government (2001)". Knesset. Consultado o 30-1-2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas: editar