Primeira división española de fútbol feminino

A Primeira División Feminina, coñecida comercialmente como Liga Feminina Iberdrola, é a máxima categoría da liga española de fútbol feminino, que organiza a RFEF dende 1988.

Primeira División Feminina / Primeira Iberdrola
Fundación1988
RexiónEspaña España
ConfederaciónUnión Europea UEFA
Equipos16
CopaCopa da Raíña
DescensoSegunda División
InternacionalUEFA Champions League
Actual campiónAtlético de Madrid (4 títulos)
Máis laureadoAthletic Club (5 títulos)
TelevisiónbeIN Sports
Gol
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol
Sitio webhttp://www.laliga.es/liga-femenina-iberdrola
Primeira División 2019–20

Formato editar

Creada en 1988 co nome de Liga Nacional de fútbol feminino, na súa primeira edición (1988-89) constou dun único grupo con 9 equipos. Nas seguintes edicións introducíronse varios cambios no seu formato, de xeito que durante anos foi un torneo no cal os equipos estaban divididos en 4 grupos segundo criterios xeográficos, e que ó remate da tempada regular xuntaba ós gañadores de cada grupo nunha localidade e enfrontábaos entre si nunha final a 4 polo título.

A tempada 2001-02 foi a primeira coa denominación Superliga, que trouxo consigo o formato clásico de liga cun grupo único, no cal había 12 equipos. Ese número de equipos medrou na tempada 2003-04 a 14, e na tempada 2008-09 a 16.

A edición 2009-10 volveu ó antigo sistema de varios grupos e varias fases, cun crecemento no número de equipos de 16 a 24, o cal provocou moitas críticas entre o colectivo de xogadoras. Non obstante, o sistema mantívose na seguinte tempada, cun equipo mais.

Na tempada 2011-12 o nome Superliga foi trocado polo de Primeira División, e o formato consistiu novamente nun grupo único de 18 equipos, que disputan unha liga regular de 34 xornadas nas que cada equipo xoga 2 encontros fronte ós outros 17, un como local e outro como visitante.

Sistema de competición editar

A competición dispútana anualmente 16 equipos que xogan nun único grupo enfrontándose todos contra todos a dobre partido (un partido en campo propio e outro en campo contrario), segundo un calendario previamente establecido por sorteo.

Os equipos puntúan en función dos seus resultados: tres puntos por partido gañado, un polo empate e ningún polas derrotas. O club que suma máis puntos ao termo do campionato proclámase campión de liga e obtén unha praza para a seguinte edición da Liga de Campións da UEFA, do mesmo xeito que o segundo clasificado. Así mesmo, os oito primeiros clasificados disputan a Copa da Raíña ao termo da liga. Os dous últimos equipos descenden a Primeira División B e desta ascenden reciprocamente dous equipos.

Equipos editar

Os equipos participantes na edición 2019-20 da Primeira División de fútbol feminino serán os seguintes:

Club Cidade Estadio
Athletic Club EFT Bilbao Lezama
Club Atlético de Madrid Madrid Cerro del Espino
C.D. TACON Madrid Ciudad Real Madrid
Deportivo Feminino A Coruña Cidade Deportiva de Abegondo
EDF Logroño Logroño Las Gaunas
Futbol Club Barcelona Barcelona Estadi Johan Cruyff
Levante U.D. Valencia El Terrer
Madrid C.F.F. Madrid Estadio Municipal Matapiñonera
Rayo Vallecano Madrid Ciudad Deportiva Rayo Vallecano
Real Betis Féminas Sevilla Ciudad Deportiva Luis del Sol
R.C.D. Español Barcelona Ciutat Esportiva Dani Jarque
Real Sociedad San Sebastián Instalaciones de Zubieta
Sevilla F.C. Sevilla Ciudad Deportiva José Ramón Cisneros Palacios
Sporting de Huelva Huelva Campo Federativo de La Orden
U.D.G. Tenerife Granadilla de Abona La Hoya del Pozo (El Médano)
Valencia CF Valencia Estadio Municipal Antonio Puchades

Palmarés editar

 
O Athletic Club EFT festexando o título en 2007.
 
Imaxe dun encontro Levante-Huelva.
 
O RCD Espanyol, campión da Liga en 2006 e da Copa en 2010.
Tempada Campión Subcampión
Primeira División Feminina
2018-19 Atlético de Madrid FC Barcelona
2017-18 Atlético de Madrid FC Barcelona
2016-17 Atlético de Madrid FC Barcelona
2015-16 Athletic Club EFT FC Barcelona
2014-15 FC Barcelona Atlético de Madrid
2013-14 FC Barcelona Athletic Club EFT
2012-13 FC Barcelona Athletic Club EFT
2011-12 FC Barcelona Athletic Club EFT
2010-11 Rayo Vallecano RCD Espanyol
2009-10 Rayo Vallecano RCD Espanyol
2008-09 Rayo Vallecano Levante UD
2007-08 Levante UD Rayo Vallecano
2006-07 Athletic Club EFT RCD Espanyol
2005-06 RCD Espanyol Sevilla FC
2004-05 Athletic Club EFT Levante UD
2003-04 Athletic Club EFT CE Sabadell
2002-03 Athletic Club EFT Levante UD
2001-02 Levante UD CF Puebla
2000-01 Levante UD Eibartarrak FT
1999-00 CF Irex Puebla AD Torrejón CF
1998-99 Oroquieta Villaverde CF Irex Puebla
1997-98 Club Atlético Málaga Sant Vicent Valencia CFF
1996-97 Sant Vicent Valencia CFF Añorga KKE
1995-96 Añorga KKE Oroquieta Villaverde
1994-95 Añorga KKE Oroquieta Villaverde
1993-94 Oroquieta Villaverde Añorga KKE
1992-93 Oroquieta Villaverde Añorga KKE
1991-92 Añorga KKE Barcelona Formas
1990-91 Oiartzun KE Atlético Villa de Madrid
1989-90 Atlético Villa de Madrid Peña Barcelonista Barcilona
1988-89 Peña Barcelonista Barcilona CF Parque Alcobendas

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar