Primeira división española 1992/93

A tempada 1992/93 da Primeira división española de fútbol, que foi a 65ª edición do campionato, comezou o 5 de setembro de 1992 e rematou o 20 de xuño de 1993.

Proclamouse vencedor do torneo o FC Barcelona, que por primeira vez na súa historia encadeou tres títulos consecutivos, logrando así o trofeo en propiedade, o oitavo desde a creación da Primeira División.

Participantes e estadios editar

A partir desta tempada, todos os clubs participantes na Primeira División son Sociedades Anónimas Deportivas (SAD), en aplicación da Lei 10/1990 aprobada polo Goberno español. Só o Athletic Club, o FC Barcelona, o CA Osasuna e o Real Madrid deron mantido a súa forma xurídica de asociación deportiva.

Equipo Cidade Estadio
Albacete Balompié Albacete Carlos Belmonte
Athletic Club Bilbao San Mamés
Atlético de Madrid Madrid Vicente Calderón
FC Barcelona Barcelona Camp Nou
Real Burgos CF Burgos El Plantío
Cádiz CF Cádiz Ramón de Carranza
Celta de Vigo Vigo Balaídos
Deportivo da Coruña A Coruña Riazor
RCD Español Barcelona Sarrià
CD Logroñés Logroño Las Gaunas
CA Osasuna Pamplona El Sadar
Rayo Vallecano Madrid Vallecas
Real Madrid CF Madrid Santiago Bernabeu
Real Oviedo Oviedo Carlos Tartiere
Real Sociedad de Fútbol Donostia Atocha
Sevilla FC Sevilla Ramón Sánchez Pizjuán
Sporting de Gijón Xixón El Molinón
CD Tenerife Santa Cruz de Tenerife Heliodoro Rodríguez López
Valencia CF Valencia Mestalla
Real Zaragoza Zaragoza La Romareda

Clasificación final editar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Ptos
1 FC Barcelona 38 25 8 5 87 34 53 58
2 Real Madrid CF 38 24 9 5 75 28 47 57
3 Deportivo da Coruña 38 22 10 6 67 33 34 54
4 Valencia CF 38 19 10 9 60 33 27 48
5 CD Tenerife 38 15 14 9 59 47 12 44
6 Atlético de Madrid 38 16 11 11 52 42 10 43
7 Sevilla FC 38 17 9 12 46 44 2 43
8 Athletic Club 38 17 6 15 53 49 4 40
9 Real Zaragoza 38 11 13 14 37 52 -15 35
10 CA Osasuna 38 12 10 16 42 41 1 34
11 Celta de Vigo 38 9 16 13 25 32 -7 34
12 Real Sociedad 38 13 8 17 46 59 -13 34
13 Sporting de Gijón 38 11 12 15 38 57 -19 34
14 Rayo Vallecano 38 8 17 13 40 49 -9 33
15 CD Logroñés 38 11 11 16 32 48 -16 33
16 Real Oviedo 38 11 10 17 42 52 -10 32
17 Albacete Balompié 38 11 9 18 54 59 -5 31
18 RCD Espanyol 38 9 11 18 40 56 -16 29
19 Cádiz CF 38 5 12 21 30 70 -40 22
20 Real Burgos 38 4 14 20 29 69 -40 22
Liga de Campións da UEFA
Copa da UEFA
Recopa de Europa
Promoción de permanencia en Primeira
Descenso a Segunda

Trofeo Pichichi editar

Na súa primeira tempada en España o brasileiro Bebeto converteuse nunha das revelacións do campionato e logro o trofeo do diario Marca ao máximo goleador do torneo, sendo o primeiro futbolista do Deportivo da Coruña en conseguilo.

# Xogador Equipo Goles
  Bebeto Deportivo da Coruña 29
  Iván Zamorano Real Madrid 26
  Luboslav Penev Valencia CF 20
  Hristo Stoichkov FC Barcelona 20
  Luís García Atlético de Madrid 17
  José Ángel Ziganda Athletic Club 17
  Txiki Begiristain FC Barcelona 15
  Carlos Muñoz Real Oviedo 15
  Juan Antonio Pizzi CD Tenerife 15
10º   Anton Polster Rayo Vallecano 14

Trofeo Zamora editar

Paco Liaño e Santi Cañizares obtiveron o mesmo coeficiente de goles encaixados na loita polo Trofeo Zamora. Aínda que o regulamento estipula que, en caso de empate, o vencedor será o porteiro con máis partidos disputados -o que beneficiaba ao porteiro do Deportivo da Coruña-, finalmente o Diario Marca concedeu o galardón exaequo a ambos os futbolistas, que estrearon así o seu palmarés no Trofeo.

 
Cañizares compartiu con Liaño o primeiro Zamora da súa carreira.

Para optar ao Zamora foi necesario disputar 60 minutos en, como mínimo, 28 partidos.

# Xogador Equipo Goles Partidos Media
  Francisco Liaño Deportivo da Coruña 31 37 0,83
  Santiago Cañizares Celta de Vigo 30 36 0,83
  Andoni Cedrún Real Zaragoza 35 36 0,97
  José Manuel Sempere Valencia CF 31 35 0,88
  Andoni Zubizarreta FC Barcelona 34 38 0,89
  Roberto Santamaría CA Osasuna 38 36 1,05
  Juan Carlos Unzué Sevilla FC 44 38 1,15
  Juan Carlos Ablanedo Sporting de Gijón 34 29 1,20
  Julen Lopetegi CD Logroñés 46 37 1,24
10º   Juanjo Valencia Athletic Club 49 38 1,28

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar