Primeira división española 1945/46

A tempada 1945/46 da Primeira división española foi a 15ª edición do torneo. Celebrouse entre o 23 de setembro de 1945 e o 31 de marzo de 1946.

O Sevilla CF proclamouse campión por primeira, e ata o momento única, vez na súa historia.

O único representante galego desta tempada, o Celta de Vigo, foi o décimo clasificado.

Clasificación final editar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Ptos
1 Sevilla CF 26 14 8 4 53 37 +16 36
2 CF Barcelona 26 14 7 5 48 31 +17 35
3 Atlético de Bilbao 26 14 5 7 63 48 +15 33
4 Real Madrid 26 11 9 6 46 30 +16 31
5 Real Oviedo 26 10 10 6 44 37 +7 30
6 Valencia CF 26 9 10 7 44 36 +8 28
7 Atlético Aviación 26 10 6 10 50 48 +2 26
8 CD Castellón 26 11 4 11 38 54 -16 26
9 Sporting 26 9 7 10 37 39 -2 25
10 Celta de Vigo 26 9 3 14 57 56 +1 21
11 Real Murcia 26 5 10 11 21 39 -18 20
12 RCD Español 26 6 7 13 41 53 -12 19
13 CD Alcoyano 26 7 5 14 39 54 -15 19
14 Hércules CF 26 5 5 16 30 59 -29 15
Promoción de permanencia en Primeira
Descenso a Segunda División

Promoción editar

Dispútana o RCD Espanyol de Barcelona e o Gimnàstic de Tarragona, permanecendo o RCD Espanyol en Primeira División, tras empatar 0-0 no primeiro partido e derrotar 3-0 ao Gimnastic no partido de desempate. Ambos os partidos se disputaron en Barcelona.

Premios individuais editar

Máximos goleadores editar

Pos. Xogador Equipo Goles
  Telmo Zarra Atlético de Bilbao 24
  Pruden Sánchez Real Madrid 21
  Ángel Cabido Real Oviedo 20
  Edmundo Suárez, 'Mundo' Valencia CF 20
  Basilio Nieto CD Castellón 16

Porteiro menos goleado editar

  • Bañón, do Real Madrid, encaixou 29 goles en 25 partidos, obtendo unha media de 1,16 goles por partido.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar