Prevotella é un xénero de bacterias gramnegativas do filo Bacteroidetes.

Especies de Prevotella son membros da flora vaxinal e recupéranse de infeccións anaerobias do tracto respiratorio. Entre estas infeccións están a pneumonía de aspiración, abscesos pulmonares, empiema pulmonar e otite media crónica e sinusite. Foron illadas de abscesos e queimaduras preto da boca, trabadas, paroniquias, infección do tracto urinario, abscesos cerebrais, osteomielite e bacteremia asociada con infeccións do tracto respiratorio superior. Especies de Prevotella predominan na enfermidade periodontal e abscesos periodontais.[1]

Nun estudo das bacterias intestinais en nenos de Burkina Faso (África), as especies de Prevotella supoñían o 53% das bacterias do intestino, pero estaban ausentes en nenos europeos.[2] Os estudos tamén indican que a dieta a longo prazo está fortemente asociada coas composición da microbiota intestinal; os que comían moitas proteínas e graxas animais típicas da dieta occidental tiñan predominantemente bacterias do xénero Bacteroides, mentres que os que comían máis carbohidratos, especialmente fibra, presentaban predominantemente especies de Prevotella.[3]

P. copri foi correlacionada co inicio da artrite reumatoide.[4]

Un estudo recente sobre Prevotella derivada de seres humanos comparou os repertorios de xenes das súas especies tomadas de diferentes sitios do corpo humano. Tamén se informou neste xénero dun panxenoma aberto que mostraba unha vasta diversidade da súa poza xénica.[5]

Unha sobreproliferación de Prevotella e unha redución de Lactobacillus foron correlacionadas co inicio da osteomielite en ratos. A redución de Prevotella en ratos modelo causaba un incremento de Lactobacillus e tiña efectos protectores contra a osteomielite. Así, os cambios na microbiota que afectan a Prevotella poden ser relacionados co desenvolvemento da osteomielite.[6]

A especie Bacteroides melaninogenicus foi reclasificada e dividida en Prevotella melaninogenica e Prevotella intermedia.[7]

O nome Prevotella fai referencia ao microbiólogo francés A. R. Prévot.[8]

Especies editar

Notas editar

  1. Tanaka S, Yoshida M, Murakami Y, et al. (2008). "The relationship of Prevotella intermedia, Prevotella nigrescens and Prevotella melaninogenica in the supragingival plaque of children, caries and oral malodor". J Clin Pediatr Dent 32 (3): 195–200. PMID 18524268. doi:10.17796/jcpd.32.3.vp657177815618l1. 
  2. De Filippo, C.; Cavalieri, D.; Di Paola, M.; Ramazzotti, M.; Poullet, J. B.; Massart, S.; Collini, S.; Pieraccini, G.; Lionetti, P. (2010). "Impact of diet in shaping gut microbiota revealed by a comparative study in children from Europe and rural Africa". Proceedings of the National Academy of Sciences 107 (33): 14691–6. PMC 2930426. PMID 20679230. doi:10.1073/pnas.1005963107. 
  3. Wu GD, Chen J, Hoffmann C, Bittinger K, Chen YY, Keilbaugh SA, Bewtra M, Knights D, Walters WA, Knight R, Sinha R, Gilroy E, Gupta K, Baldassano R, Nessel L, Li H, Bushman FD, Lewis JD (October 7, 2011). "Linking long-term dietary patterns with gut microbial enterotypes". Science 334 (6052): 105–8. PMC 3368382. PMID 21885731. doi:10.1126/science.1208344. 
  4. Jose U Scher; Andrew Sczesnak; Randy S Longman; Nicola Segata; Carles Ubeda; Craig Bielski; Tim Rostron; Vincenzo Cerundolo; Eric G Pamer; Steven B Abramson; Curtis Huttenhower; Dan R Littman (November 5, 2013). "Expansion of intestinal Prevotella copri correlates with enhanced susceptibility to arthritis". ELife 2: e01202. PMC 3816614. PMID 24192039. doi:10.7554/eLife.01202. 
  5. Vinod Kumar Gupta; Narendrakumar M Chaudhari; Suchismitha Iskepalli; Chitra Dutta (March 5, 2015). "Divergences in gene repertoire among the reference Prevotella genomes derived from distinct body sites of human". BMC Genomics 16: 153. PMC 4359502. PMID 25887946. doi:10.1186/s12864-015-1350-6. 
  6. Lukens, John R.; Gurung, Prajwal; Vogel, Peter; Johnson, Gordon R.; Carter, Robert A.; McGoldrick, Daniel J.; Bandi, Srinivasa Rao; Calabrese, Christopher R.; Walle, Lieselotte Vande (2014-12-11). "Dietary modulation of the microbiome affects autoinflammatory disease". Nature (en inglés) 516 (7530): 246–249. ISSN 0028-0836. PMC 4268032. PMID 25274309. doi:10.1038/nature13788. 
  7. "Bacteroides Infection: Overview - eMedicine". Consultado o 2008-12-11. 
  8. LPSN - List of prokaryotic Names with Standing in Nomenclature Prevtotella

Véxase tamén editar

Outros artigos editar