Presidencia

persoa que dirixe ou lidera un Estado, polo xeral en repúblicas

A presidencia é un cargo que ostentan os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentar'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.

Presidencia da República editar

Nunha república, a xefatura de Estado acostuma a recibir o nome de presidente desa república. Nalgúns países con goberno presidencialista a presidencia é tamén a xefatura de goberno (ex: Arxentina, Estados Unidos), namentres, noutros con réxime parlamentario (ex: Italia) a xefatura de goberno recae no Primeiro Ministro.

Os presidentes pódense distinguir segundo as súas funcións e poderes do seguinte xeito:

  • Cando cumpren só o papel de xefe de Estado: así funcionan as repúblicas parlamentarias. Nesta forma de goberno, o presidente nomea ao primeiro ministro segundo o apoio do Parlamento e carece de funcións executivas. Só asina as leis e decretos aprobados polo Consello de Ministros e ten capacidade para disolver o parlamento, previo acordo co primeiro ministro. O presidente cumpre a función de representar o Estado e as funcións de protocolo asociadas. Son elixidos por sufraxio directo ou indirectamente polo parlamento ou por unha asemblea electoral formada para tal efecto. Normalmente existen en países que pasaron dunha monarquía a unha república.
  • Cando, ademais das funcións do xefe de Estado, ten algún poder executivo que pertence ao seu campo de acción exclusivo ou as comparte co primeiro ministro: isto corresponde a formas de goberno semipresidencialistas ou semiparlamentarias, como en Francia. Nestes sistemas, o presidente ten un papel importante na dirección das relacións exteriores e da defensa nacional, o poder de convocar plebiscitos e disolver o parlamento por iniciativa propia, e tamén é o garante da orde constitucional. Normalmente son elixidos por sufraxio universal.
  • Cando é xefe de Estado e xefe de goberno: neste caso o presidente nomea ou designa exclusivamente a todos os membros do goberno. Estes réximes políticos chámanse presidencialistas, neles normalmente hai unha clara división de poderes e os presidentes non teñen capacidade para disolver o Congreso, aínda que ás veces son tamén co-lexisladores. Xorde nos Estados Unidos (1787) e é a forma de goberno dos estados do continente americano, agás no Canadá e boa parte do Caribe que teñen un réxime parlamentario. Son elixidos por sufraxio directo na maioría dos países, como a Arxentina, o Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, México, o Uruguai e Venezuela, ou indirectamente como nos Estados Unidos, a través dun colexio electoral.

Presidencia do Goberno editar

Nalgúns países con monarquía parlamentaria, o xefe de goberno recibe o título de presidente do Goberno. É o caso de España.

Lista de presidencias editar

África editar

América editar

Asia editar

Europa editar

Oceanía editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.