A prensa amarela é un tipo de prensa sensacionalista que inclúe titulares de catástrofes e gran número de fotografías con información detallada verbo dos accidentes, crimes, adulterios e ensarillados políticos.

Portada do New York World pondo de relevo a magnitude dunha explosión.

O termo orixinouse durante a "batalla xornalística" entre o diario New York World, de Joseph Pulitzer, e o New York Journal, de William Randolph Hearst, entre 1895 e 1898. Ambos os dous xornais foron acusados, por outras publicacións máis serias, de magnificar certa clase de novas para aumentar as vendas así como de teren pagado aos implicados para conseguir exclusivas.